Organización Acción Sindical Áreas horizontais Información Comunicación Participación


11/02/2010

UNIÓNS AGRARIAS INSTA A XUNTA DE GALICIA A QUE SOLUCIONE CON CELERIDADE OS PROBLEMAS DETECTADOS EN SILLEDA NO ACCESO Á TDT
O sindicato constatou o rexistro de incidencias en numerosas aldeas do rural desta comarca

O sindicato Unións Agrarias vén de instar a Xunta de Galicia, e concretamente á Secretaría Xeral de Comunicación, a que adopte todas as medidas necesarias para solucionar o antes posible os problemas detectados nesta comarca, especialmente no Concello de Silleda, no que atinxe ao acceso á Televisión Dixital Terrestre (TDT). A organización sindical realiza esta demanda despois de constatar a existencia de numerosas deficiencias no acceso a esta tecnoloxía televisiva en Silleda e A Estrada.


 


Concretamente, no primeiro dos concellos, a zona máis afectada é a de Refoxos, Lazo e Parada. Neste sentido, unha representación dos veciños destas localidades mantivo unha xuntanza esta semana coa alcaldesa de Silleda, Ofelia Rey, para expoñerlle a súa problemática. A rexedora compremeteuse a mediar coa Xunta de Galicia para que instale un novo repetidor.


 


Desde Unións Agrarias solicítase unha maior celeridade nestas xestións e na instalación deste repetidor para causar os menores danos posibles ás familias afectadas. Ademais, reivindícase a necesidade de potenciar os servizos públicos no rural co fin de que non se produzan situacións de discriminación con respecto a contornos urbanos.


 


As incidencias rexistradas en Silleda e A Estrada súmanse a outras moitas repartidas por toda Galicia das que UUAA tivo coñecemento. Así, en zonas nas que xa se produciu o apagón analóxico, Unións Agrarias constatou deficiencias en núcleos rurais de Muxía, Curtis, Tordoia, Mazaricos, Ribeira, A Porqueira, Vilar de Barrio e Silleda. Ademais, en áreas nas que se produciu o acendido dixital pero o apagón analóxico terá lugar o 3 de abril, recolléronse incidencias no acceso á TDT na zona do Salnés, A Estrada, Oia, Folgoso do Courel, Paradela, Sarria, Bóveda e A Fonsagrada, concello no que o 18% da poboación leva dende abril de 2008 sen recibir ningún tipo de sinal, nin analóxica nin dixital.





« Voltar


Acceso usuarios
 
Lembrar Contrasinal       






- Mobilización contra do recorte das axudas da PAC.

- Presentación Proxecto Si Rural.

- Recortes nas axudas a cotitularidade.















Campaña de Recollida de Sinaturas Danos do Xabarín

FADEMUR - Federación de Asociaciones de Mujeres Rurales


Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2005 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es