Organización Acción Sindical Áreas horizontais Información Comunicación Participación


16/02/2010

UNIÓNS AGRARIAS CELEBRA ESTE VENRES E SÁBADO O SEU 8º CONGRESO NACIONAL AO QUE ASISTIRÁN 1.300 PERSOAS
Do encontro sairá unha nova executiva de UUAA que dirixirá o sindicato ata o ano 2014 O ministro de Fomento e o presidente da Xunta clausurarán o sábado o 8º Congreso

O sindicato Unións Agrarias celebrará os días 19 e 20 o seu 8º Congreso Nacional do que sairá unha nova directiva. Así o anunciaron esta mañá en rolda de prensa os secretarios de Organización, José Rodríguez, e de Administración, Javier López. No encontro cos medios de comunicación, destacaron que o Congreso se desenvolverá baixo o lema Negociación agraria = Rendas dignas, co que o sindicato simboliza os novos retos aos que se enfronta o sector nos vindeiros catro anos que pasan por acadar unhas rendas dignas para o produtor que cubra os gastos de produción e un marxe xusto de beneficios, segundo explicou Javier López.


 


O Congreso, segundo explico José Rodríguez, comezará o vernes 19 e será inaugurado pola vicesecretaria xeral de UPA, Montserrat Cortiñas; o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o secretario xeral de FIA-UGT, Juan Fernández, e o secretario xeral da U.C. UGT Compostela, Antonio García. A clausura será o sábado 20 e nela participarán o ministro de Fomento, José Blanco; o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; o secretario xeral de UGT Confederal, Cándido Méndez; e o secretario xeral de UPA, Lorenzo Ramos.


 


Ademais, tamén participarán neste encontro o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Manuel Vázquez; o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez; e o secretario xeral de UGT Galicia, José Antonio Gómez.


 


O secretario de Organización explicou tamén que do Congreso sairá unha nova Executiva, habendo neste momento unha única candidatura liderada por Roberto García.


O secretario de Administración tamén salientou que se prevé unha asistencia de 1.300 persoas ao 8º Congreso de UUAA, dos cales 500 son delegados, outros 500 invitados das distintas comarcas de Galicia e 300 invitados institucionais, entre os que se atopan representantes dos Gobernos autonómicos, provinciais e locais da Comunidade galega.


 


Facendo un breve balance do que foi o sindicato Unións Agrarias nos últimos catro anos, Javier López salientou o incremento rexistrado en número de afiliacións que supuxo un 22,5% máis que en 2006, pasando de 11.500 afiliados naquel ano aos 14.000 que se computan a día de hoxe. Esta circunstancia levou parella, segundo indicou, un incremento de servizos prestados desde o sindicato co fin de mellorar a atención dispensada ao afiliado ao tempo que se contribuiu a contribuiu a aumentar a súa produtividade.


 


Hoxe, Unións Agrarias proporciona servizos de información, xestión e trámites en xeral para axudas e subvencións públicas; asesoramento fiscal contable: declaracións de renda, declaracións de IVE, etc; asesoramento laboral: nóminas e TCs; oferta de seguros; agrarios, xerais; enxeñería: peritaxes, proxectos, legalización de augas, etc; servizos xurídicos; asesoría técnico económica e outros trámites: subvencións de vivendas, constitución de sociedades, solicitudes de cota e plans de abandono. Neste sentido, Javier López destacou a rede de 37 oficinas esparcidas por toda Galicia, das cales 6 se abriron no período 2006-2010.





« Voltar


Acceso usuarios
 
Lembrar Contrasinal       






- Mobilización contra do recorte das axudas da PAC.

- Presentación Proxecto Si Rural.

- Recortes nas axudas a cotitularidade.















Campaña de Recollida de Sinaturas Danos do Xabarín

FADEMUR - Federación de Asociaciones de Mujeres Rurales


Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2005 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es