19/02/2010
ROBERTO GARCÍA REIVINDICA UN MARCO LEXISLATIVO PARA DAR ESTABILIDADE E GARANTÍAS DE FUTURO AO SECTOR AGROALIMENTARIO
O secretario xeral de UUAA pechou a rolda de intervencións na xornada de mañá do 8º Congreso Nacional Galego da organización sindical
Manuel Vázquez instou á Xunta de Galicia a traballar por un pacto polo territorio
O conselleiro de Medio Rural analizou a problemática do sector lácteo e apostou por vertebralo para garantir a súa supervivencia
Xosé Sánchez Bugallo inagurou o encontro nunha sesión na que tamén participou o secretario de Organización de UPA
O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, defendeu esta mañá a necesidade de que exista un marco lexislativo que ampare e regule as relacións contractuais entre produtores e industria. Roberto García interviu este mediodía no 8º Congreso Nacional Galego da organización que se está a celebrar este venres e mañá sábado en Santiago de Compostela salientando que só deste xeito se garante a supervivencia e o futuro do sector agroalimentario galego.
Trala inauguración na que participou o alcalde da capital de Galicia, Xosé Sánchez Bugallo, quen salientou os cambios que se teñen producido no campo galego nos 27 anos de historia de Unións Agrarias e amosou o seu desexo de que esta organización sindical siga a ter unha presenza sólida e firme no rural galego, interviron entre outras autoridades o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Manuel Vázquez, e o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez.
O líder dos socialistas de Galicia instou desde este foro ao Goberno galego a que poña en marcha a negociación para acadar un acordo polo territorio co fin de que a Comunidade galega gañe en competitividade e revitalice o mundo seu contorno rural, ofrecendo verdadeiras oportunidades e garantías de supervivencia ao seus habitantes para que poidan vivir con dignidade. Ademais, apostou por facer viable e compatible a convivencia entre medio ambiente e contorno rural e demandou aos membros de Unións Agrarias a que apoien este acordo e exisan medidas que permitan avanzar a Galicia en competividade e non subsidiariedade.
Pola súa banda, o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, referiuse aos problmeas que vive o campo galego, especialmente o sector lácteo e lembrou o acordo asinado en Madrid en xullo do ano pasado que se ben está a ter problemas de execución non debe desanimar aos gandeiros galegos, segundo manifestou. Samuel Juárez destacou que este sector ten cambiado moito nos últimos tempos avanzando en profesionalización, gañando en competitividade e calidade, algo que o pon á par doutros países europeos.
O conselleiro de Medio Rural comprometeu o apoio da Xunta de Galicia para vertebra o sector apostando por unha relación contractual moderna e con garantías entre os productores, a industria e incluso a distribución, para o que considera fundamental que os produtores gañen capacidade de negociación. Ademais, celebrou as declaracións do novo comisario europeo de Agricultura así como a confianza que este amosa na nova PAC que se porá en marcha a partir de 2013. Sen embargo, Samuel Juárez confían en que se poñan en marcha accións específicas no sector antes desa data e lembrou a intención do Goberno galego de consensuar unha posición común do sector de cara ao novo deseño da PAC.
Ambiente distendido
Máis de 700 persoas asisten hoxe aos relatorios desta primeira xornada do 8º Congreso Nacional Galego de Unións Agrarias que se está a desenvolver nun ambiente distendido no que conflúen afiliados da organización sindical, autoridades, delegados sindicais, etc. Ao acto de inauguración asistiron ademais, o presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, varios alcaldes, os membros do Partido Socialista, Ricardo Varela e Carmen Gallego, entre outros, o secretario da UC UGT Compostela, así como doutras unións comarcais do sindicato, etc..
O Congreso complétase ademais cunha exposición que inclúe desde mostras do traballo que realizan as mulleres no rural ata tratores de última xeración. Ademais, a Consellería de Medio Rural tamén conta cun stand neste encontro ademais de firmas como Ceninteser e organismos como o ISSGA.
|





 |
- Mobilización contra do recorte das axudas da PAC.
- Presentación Proxecto Si Rural.
- Recortes nas axudas a cotitularidade. |










|