24/02/2010
UNIÓNS AGRARIAS SOLICITA Á XUNTA QUE UNIFIQUE AS CAMPAÑAS DE SANEAMENTO GANDEIRO E DE VACINACIÓN DE LINGUA AZUL
Destaca que esta acción contribuirá ao benestar animal, facilitará o manexo dos animais e levará consigo un aforro económico
O sindicato Unións Agrarias vén de dirixirse á Consellería de Medio Rural para solicitar que a Administración unifique ou agrupe as diferentes accións veterinarias, concretamente a campaña de saneamento e as de vacinación de lingua azul.
A organización considera que esta medida facilitará o manexo dos animais que se atopan nunha produción extensiva, evitando ademais un esforzo para os gandeiros de ter que concentrar en dúas ocasións as súas cabanas e contribuíndo ao benestar dos exemplares, evitando consecuencias como posibles abortos ou outras enfermidades. Ademais, Unións Agrarias engade que esta acción conlevará un consecuente aforro económico.
Nunha carta remitida por Roberto García ao director xeral de Producións Agropecuarias, o sindicato lembra como cada ano a Consellería leva a cabo, a través dos seus servizos veterinarios, as campañas de saneamento gandeiro das explotacións e a campaña de vacinación de Lingua Azul , esta última posta en marcha hai dous anos con motivo da aparición desta enfermidade en Autonomías próximas á galega.
Unións Agrarias destacou que esta campaña de vacinación trouxo consigo dificultades para os gandeiros, sobre todo os de gandería extensiva, que tiveron que facer fronte a un esforzo extra no manexo dos animais para que os servizos veterinarios puidesen vacinar os animais.
|





 |
- Mobilización contra do recorte das axudas da PAC.
- Presentación Proxecto Si Rural.
- Recortes nas axudas a cotitularidade. |










|