08/03/2010
UNIÓNS AGRARIAS SOLICITA UNHA REUNIÓN URXENTE COS NOVOS RESPONSABLES DE PULEVA LACTALIS
O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, solicitou esta tarde unha reunión urxente cos novos responsables de Puleva Lactalis co fin de coñecer os plans empresarias que pretende levar a cabo cos produtores galegos logo producirse a compra da firma Ebro Puleva. Ademais, a organización sindical esixiralles que desenvolva a mesma política empresarial en Galicia que a que leva a cabo en Francia, onde está considerada como unha das firmas lácteas que máis respectan os dereitos dos produtores, mantendo relacións contractuais cos gandeiros e garantindo un prezo que cubre os custos de produción.
Por outra banda, Unións Agrarias lamenta que unha operación empresarial da tal magnitude non fose protagonizada por un grupo lácteo de capital español e que desta maneira se teña incrementado a presenza no sector de grandes grupos sen que apenas teñan cabida outras opcións, condenando ao mesmo a un crecente monopolio nada positivo para a situación de debilidade dos produtores galegos e españois.
O sindicato considera decepcionante a actitude da Xunta de Galicia e do Goberno ante esta operación, na que tamén había ofertas de grupos españois como Pascual e Clas (Central Lechera Asturiana). Esta deixadez conleva á consolidación desta empresa de capital francés no sector español, implicando deste xeito a perda de posicións por parte de industrias de capital español.
|





 |
- Mobilización contra do recorte das axudas da PAC.
- Presentación Proxecto Si Rural.
- Recortes nas axudas a cotitularidade. |










|