Organización Acción Sindical Áreas horizontais Información Comunicación Participación


22/06/2010

UUAA LAMENTA AS FALSAS LIORTAS ENTRE INDUSTRIAS LÁCTEAS PARA MANTER A ESPECULACIÓN NA DISTRIBUCIÓN
Considera unha chantaxe aos produtores a política de prezos á baixa

Unións Agrarias lamenta as falsas liortas entre industrias lácteas para manter a especulación na distribución, nun momento no que en toda Europa se está a dar unha conxuntura claramente alcista para o prezo do leite e os seus derivados.



Na nova entrega desta guerra entre industrias por acadar cota de mercado a calquera prezo, os gandeiros galegos están sometidos actualmente a unha situación de prezos de mercado baixos, inferiores ao que custa producir, unha situación que está afectando á viabilidade do sector e comprometendo seriamente o seu futuro, guerra soamente na venda de produto, non así no abastecemento.



Neste sentido, desde o sindicato vese con gran tristeza e decepción como Alimentos Lácteos de Galicia parece terse incorporado ao grupo de empresas que teñen como única política comercial baixar o prezo do leite e polo tanto banalizar o produto diante da distribución. Ese camiño curtopracista ten demostrado ser letal para os produtores, pero a medio prazo tamén para as industrias, que se verán atrapadas pola inercia baixista.



Esta realidade vénse sumar a outras claras actuacións de abuso de poder cara ao colectivo de produtores de leite consistentes en ameazas de deixar liñas de recollida de leite, atrasos nos pagamentos, repartimento das rutas, preferencia polo leite foráneo, incumprimento permanente dos acordos por parte da industria e a distribución, etc.



Desde UUAA reiteramos que, a pesar das medidas para mellorar a transparencia da cadea de valor, continúa existindo un importante desequilibrio na cadea láctea, de forma que o poder de negociación dos produtores se atopa practicamente anulado.


 


Isto tradúcese nunha gran debilidade do primeiro elo da cadea que impide unha mellor redistribución do beneficio no conxunto da cadea de valor e a consolidación de prácticas de abuso de poder nas negociacións.


O sindicato lémbralle unha vez máis á Xunta de Galicia que as explotacións lácteas de Galicia perciben os prezos máis baixos de tódalas comunidades produtoras de España, cuns ingresos inferiores nun 13,4%, o que supón unha mingua de 14.465,51 € na súa renda anual.

 


 





« Voltar


Acceso usuarios
 
Lembrar Contrasinal       






- Mobilización contra do recorte das axudas da PAC.

- Presentación Proxecto Si Rural.

- Recortes nas axudas a cotitularidade.















Campaña de Recollida de Sinaturas Danos do Xabarín

FADEMUR - Federación de Asociaciones de Mujeres Rurales


Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2005 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es