02/07/2010
UUAA DENUNCIARÁ HOXE NA MESA DO LEITE A SITUACIÓN AGÓNICA NA QUE ESTÁN AS EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS
O sindicato esixirá da Xunta que non faga deixamento das súas competencias e free as prácticas de industrias e distribución
O sindicato Unións Agrarias trasladará a Mesa do Leite, que se reunirá hoxe, a situación agónica na que se atopan as explotacións lácteas de Galicia ao percibir os prezos máis baixos de todas as comunidades produtoras de España. Unha insostible situación supón que, nun ano, unha explotación galega en igualdade de condicións que unha asturiana, percibe uns ingresos un 13,4% inferiores.
Unha procentaxe que, trasladada á renda real do gandeiro de Galicia, tradúcese nunha mingua de 14.465,51 €, equivalente a case 2,5 millóns de pesetas, case o dobre do salario mínimo interprofesional. Este diferencial marca ás claras o nivel de absoluta precariedade no que se atopan os ingresos do produtores galegos.
Diante desta situación o sindicato espera de Medio Rural que poña enriba da mesa políticas e plans de acción que reconduzan as prácticas irresponsables das industrias lácteas que están a fomentar a especulación na distribución, nun momento no que en toda Europa se está a dar unha conxuntura claramente alcista para o prezo do leite e os seus derivados.
Os datos de produción láctea no conxunto do Estado demostran que Galicia é a primeira comunidade autónoma produtora de leite, representando ela soa o 37,1% da produción estatal. Séguena en importancia Castela-Léon, co 13,5% da produción, Cataluña co 10,1%, Asturias, co 9,1% e Andalucía co 7,5%.
|





 |
- Mobilización contra do recorte das axudas da PAC.
- Presentación Proxecto Si Rural.
- Recortes nas axudas a cotitularidade. |










|