Organización Acción Sindical Áreas horizontais Información Comunicación Participación


08/07/2010

A Xunta segue sen definir un modelo que permita ao lobo convivir cos gandeiros
A nova Orde da Conselleria do Medio Rural non resolve o problema da coexistencia do lobo co home e obriga aos gandeiros a tomar as súas propias medidas para protexer as súas reses

Na recente Orde que regula as épocas hábiles de caza, e a caza do lobo por danos, que entrou en vigor o pasado 1 de xullo, a Xunta volveu a demostrar que non sabe que facer para asegurar a supervivencia do lobo e garantir ao mesmo tempo a seguridade dos gandeiros galegos, dos seus rabaños e do seu gando.


 


Para Roberto García, Secretario Xeral de UUAA, “A Xunta non sabe que facer cos lobos e é incapaz de deseñar un modelo de xestión que beneficie ao lobo e aos gandeiros”. Con todo, este modelo existe, é facilmente executable e así llo transmitimos en numerosas ocasións á Xunta sen recibir resposta”.


 


Dende UUAA entendemos que a recente Orde nace condenada ao fracaso para controlar os danos do lobo, dende o momento en que renunciou as medidas de control mediante caza, nos meses de abril a xuño que coinciden coa época de máxima actividade dous ataques á cabana gandeira.


 


UUAA insiste en que a xestión do lobo debe de plantexarse dun xeito integral, e que a pasividade dá Xunta á hora de establecer áreas de comedeiros delimitados que permitan ao lobo desenvolverse no seu hábitat e manter o seu modo natural de alimentación, sen ter que atacar aos rabaños, dificulta a xestión racional do lobo, baixo criterios científicos, nunha das súas principais reservas naturais de toda Europa. A limitación á hora de controlar as poboacións de lobo na época de máximo nivel de ataques, sería entendible polos gandeiros galegos, se á vez se tivera posto en marcha a posibilidade dos comedeiros controlados. Esta falta de interese en abordar a xestión do lobo con medidas integrais, é un exemplo máis dá pasividade e a despreocupación da Xunta que obriga aos gandeiros a buscar solucións individuais a un problema moi grave que se agrava ano tras ano.


 


O ano pasado, UUAA a través das súas oficinas, axudou a xestionar máis do 25 por cento das 513 solicitudes de indemnizacións por ataques de lobos a reses; indemnizacións que sempre chegan tarde e que, a pesar de alcanzar os 156.000 euros son claramente insuficientes.


 


Pero o máis grave é que a mala xestión do goberno autonómico, e a equivocada posta en marcha do Plan de Xestión do Lobo que elaborou a Xunta, condena aos gandeiros á inseguridade, ao medo e á indefensión como se evidenciou estes último mes en varias comarcas da provincia de Lugo.


 


Dende UUAA esiximos á Xunta que modifique a Orde, e que dentro do vixente Plan de Xestión do Lobo de Galicia, estableza un marco regulador que asegure a convivencia do lobo e dos gandeiros. Este marco debe garantir a seguridade dos gandeiros e do seu gando; resolver o problema da responsabilidade dos gandeiros cando se ven obrigados a afastar aos lobos das súas propiedades; e axilizar os pagos das indemnizacións por ataques dos lobos aos gandeiros.





« Voltar


Acceso usuarios
 
Lembrar Contrasinal       






- Mobilización contra do recorte das axudas da PAC.

- Presentación Proxecto Si Rural.

- Recortes nas axudas a cotitularidade.















Campaña de Recollida de Sinaturas Danos do Xabarín

FADEMUR - Federación de Asociaciones de Mujeres Rurales


Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2005 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es