13/07/2010
UNIÓNS ESPERA DE LEITE GALEGO UNHA APOSTA TAMÉN POLO PREZO E A ESTABILIDADE PARA OS PRODUTORES
O sindicato esixe de Núñez Feijoo políticas activas para que Galicia deixe de ser un paraíso para oportunistas e especuladores lácteos
O sindicato Unións Agrarias saúda a posta en marcha de Leite Galego no que supón a aparición dunha marca de calidade para o sector. Unha benvida que tamén non deixa de estar chea de escepticismo tendo en conta a situación que está a vivir o sector lácteo en Galicia, no cal pese a liderar a produción en calidade e cantidade en todo o estado, os nosos produtores perciben os prezos máis baixos.
Un horizonte cheo de claroscuros que polo que se conoce da iniciativa Leite Galego non acaba de resolver. Deste xeito esta marca que agora se presenta debe entenderse como un plus para os gandeiros que desexen acollerse a ela, e non a escusa que busca desde hai tempo a industria para reducir os parámetros de calidade do leite que merca as explotacións. Por outra banda, é preciso lebrarlle a Xunta que a viabilidade para os produtores galegos reside no mercado estatal dado que é deficitario, polo que debe ser coidadoso de non diseñar artefactos que entren en coflicto coa normativa da Letra Q porque deixaría aos gandeiros recluídos a un mercado minoritario.
UUAA cree que a insostible situación na que se atopan as explotacións dista moito de superarse tan só con campañas de márketing a futuro polo que esixe que se concreten as medidas de axudas hoxe comprometidas de xeito xenérico para as explotacións que se acolla a marca Leite Galego co fin de poder ser avalidas e cuantificadas. Xa que como ven denunciando UUAA os ingresos dunha explotación galega en igualdade de condicións que unha asturiana percibe uns ingresos un 13,4% inferiores. Unha porcentaxe que, trasladada á renda real do gandeiro de Galicia, se traduce nunha mingua de 14.465,51 €, equivalente a case 2,5 millóns de pesetas, case o dobre do salario mínimo interprofesional. Este diferencial marca ás claras o nivel de absoluta precariedade na que se atopan os ingresos do produtores galegos.
Nunha clara estratexia de adormecer os problemas, a Xunta de Galicia segue a permitir que campen ás súas anchas os oportunistas e especuladores, pagando prezos de miseria aos gandeiros nun momento no que en toda Europa se está a dar unha conxuntura claramente alcista para o prezo do leite e os seus derivados. Esta realidade vénse sumar a outras claras actuacións de abuso de poder cara ao colectivo de produtores de leite consistentes en ameazas de deixar liñas de recollida de leite, atrasos nos pagamentos, repartimento das rutas, preferencia polo leite foráneo, incumprimento permanente dos acordos por parte da industria e a distribución, etc. Desde Unións Agrarias reitérase que son precisamente as empresas de orixe galega, sobre as que ten todas as competencias inspectoras a Consellería do Medio Rural, as que menos están a pagar no mercado, até alcanzar preto dun 10% de media respecto dos operadores de fóra de Galicia.
|





 |
- Mobilización contra do recorte das axudas da PAC.
- Presentación Proxecto Si Rural.
- Recortes nas axudas a cotitularidade. |










|