Organización Acción Sindical Áreas horizontais Información Comunicación Participación


14/07/2010

UNIÓNS AGRARIAS DENUNCIA A FALTA DE VETERINARIOS DE MEDIO RURAL PARA CROTALIZAR OS BECERROS
Na zona do Corgo tardan máis de 15 días en identificar os animais

O sindicato Unións Agrarias denuncia a falta de veterinarios da Consellería do Medio Rural para colocar os crotais e inscribir os becerros das explotacións. Deste xeito, cando os gandeiros chaman ao Teléfono de Información Agraria, remítenos ao Seaga e alí xustifícanse dicindo que teñen a 10 dos 36 veterinaros de vacacións e que non teñen persoal para cursar a petición.


 


Esta situación de abandono ten especial incidencia no Corgo, onde os titulares das explotacións teñen que esperar máis de 15 días ata que, despois de moito insistir, o persoal de Seaga lle coloca o crotal ao becerro, co que supón de perda de tempo e diñeiro para o gandeiro.


 


Unións Agrarias esixe de Medio Rural que dote adecuadamente de persoal os servizos que ten que dar ás explotacións, xa que non é de recibo que a pretendida austeridade de Feijóo sempre se aplique aos gandeiros e ao rural en xeral.





« Voltar


Acceso usuarios
 
Lembrar Contrasinal       






- Mobilización contra do recorte das axudas da PAC.

- Presentación Proxecto Si Rural.

- Recortes nas axudas a cotitularidade.















Campaña de Recollida de Sinaturas Danos do Xabarín

FADEMUR - Federación de Asociaciones de Mujeres Rurales


Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2005 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es