Organización Acción Sindical Áreas horizontais Información Comunicación Participación


19/07/2010

UUAA PRESIONARÁ PARA QUE A XUNTA DE GALICIA CONVOQUE A MESA DO VIÑO
Iniciará unha campaña de recollida de sinaturas

O sindicato Unións Agrarias iniciará estes días unha campaña de recollida de sinaturas entre os viticultores da provincia de Ourense para solicitar que a Xunta de Galicia convoque con carácter urxente a  Mesa do Viño ante o inminente inicio da vendima deste ano.


 


Neste sentido, a organización sindical lembra que o 70 % da uva da Denominación de Orixe do Ribeiro non está amparada en contratos, unha situación que introduce un factor de inestabilidade grave para os colleiteiros, que ven como a súa produción, malia contar con boas expectativas e prezos, queda exclusivamente en mans dos adegueiros. Esta situación contrasta co compromiso adquirido pola actual Consellería do Medio Rural a favor dos contratos homologados neste sector.


 


Unións Agrarias denuncia ademais a pasividade do Executivo galego neste asunto, xa que desde que asumiu o Goberno da Xunta de Galicia non procedeu a convocatoria deste órgano, sendo a última ocasión na que se reuniu baixo o Executivo bipartito.





« Voltar


Acceso usuarios
 
Lembrar Contrasinal       






- Mobilización contra do recorte das axudas da PAC.

- Presentación Proxecto Si Rural.

- Recortes nas axudas a cotitularidade.















Campaña de Recollida de Sinaturas Danos do Xabarín

FADEMUR - Federación de Asociaciones de Mujeres Rurales


Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2005 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es