Organización Acción Sindical Áreas horizontais Información Comunicación Participación


20/07/2010

UNIÓNS AGRARIAS DENUNCIA ANTE MEDIO RURAL OS EFECTOS COLATERAIS DA CAMPAÑA DE VACINACIÓN DE LINGUA AZUL
Ante o número de abortos e de mortes de vacas, solicita que se abra unha investigación e que os seguros agrarios cubran estas perdas

O sindicato Unións Agrarias vén de dirixirse por carta á Consellería do Medio Rural para solicitar unha reunión co director xeral de Produción Agropecuaria, José Álvarez Robledo, co fin de expoñerlle as consecuencias que están a sufrir as explotacións gandeiras galegas derivadas dos posibles efectos secundarios da vacinación da lingua azul.


 


A organización sindical fai esta petición despois de recoller repetidas queixas por parte dos gandeiros que están a acusar un maior número de mortes dos animais despois de que se proceda á vacinación dos mesmos como medida preventiva para esta enfermidade. Segundo os datos que manexa o sindicato, distintas explotacións das comarcas das provincias da Coruña e Lugo sufriron a perda de animais así como un gran número de abortos incluso meses despois de que seren vacinados contra esta enfermidade.


 


Neste sentido, Unións Agrarias demanda que se abra unha investigación por parte da Administración autonómica co fin de aclarar estas circunstancias, ademais de que se extremen as medidas de seguridade e salubridade neste tipo de campañas. Do mesmo xeito, a organización sindical solicita que os actuais seguros gandeiros cubran estas perdas ou que se habilite algún tipo de fondo de compensación para gandeiros de cara a cubrir a perda de rendibilidade ocasionada por estes efectos colaterais da campaña de vacinación de lingua azul.





« Voltar


Acceso usuarios
 
Lembrar Contrasinal       






- Mobilización contra do recorte das axudas da PAC.

- Presentación Proxecto Si Rural.

- Recortes nas axudas a cotitularidade.















Campaña de Recollida de Sinaturas Danos do Xabarín

FADEMUR - Federación de Asociaciones de Mujeres Rurales


Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2005 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es