21/07/2010
UNIÓNS AGRARIAS E XÓVENES AGRICULTORES CLARIFICAN COA XUNTA OS APROVEITAMENTOS ENERXÉTICOS NOS NÚCLEOS RURAIS
O secretario xeral de XXAA e o secretario de Vacún de Leite de UUAA reuníronse esta mañá con responsables autonómicos de Urbanismo e Industria
Santiago, 21 de xullo de 2010.- Responsables dos sindicatos Unións Agrarias e Xóvenes Agricultores mantiveron esta mañá unha reunión coa secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, María Encarnación Rivas, e co director do INEGA da Consellería de Economía e Industria, Eliseo Diéguez, para solicitar que a Xunta de Galicia promova a través do desenvolvemento da nova Lei do solo o aproveitamento enerxético no rural, como vía ademais para incrementar os recursos dos gandeiros e agricultores galegos.
Neste sentido, tanto o secretario xeral de XXAA, Francisco Bello, como o secretario de Vacún de Leite e Gandería Intensiva de UUAA, Javier Iglesias, solicitaron aos responsables autonómicos que leven a cabo un intenso labor de coordinación cos concellos galegos de cara a fomentar a implantación e produción de enerxías alternativas nas explotacións da Comunidade, especialmente, a eólica e a solar, un obxectivo que coincide coas intencións e fins da Consellería de Economía e Industria, segundo recoñeceu o director do INEGA.
Ademais, Francisco Bello e Javier Iglesias destacaron que esta podería ser unha nova vía para incrementar os recursos das explotacións nun momento no que a crise se está cebando especialmente cos produtores do sector agroalimentario galego.
|





 |
- Mobilización contra do recorte das axudas da PAC.
- Presentación Proxecto Si Rural.
- Recortes nas axudas a cotitularidade. |










|