Organización Acción Sindical Áreas horizontais Información Comunicación Participación


28/07/2010

UUAA PRESENTOU ALEGACIÓNS DIANTE DA COMISIÓN NACIONAL DE DEFENSA DA COMPETENCIA Á COMPRA DE PULEVA POR LACTALIS
O expediente denuncia a operación porque supón unha concentración abusiva do sector lácteo

Santiago, 27 de xullo de 2010.- O sindicato Unións Agrarias presentou alegacións ante a Comisión Nacional da Competencia para defender os intereses dos produtores que lle venderán leite a Lactalis despois de que se formalice a compra de Puleva Foods como se ten anunciado nos últimos tempos. O sindicato agrario lembra que no expediente que Lactalis vén mantendo nos últimos anos unha escalada de compras estratéxicas que modifican dun modo claro o mapa da industria láctea en España.


 


Así, en 2004, e no mercado de leite envasado, compra activos de Alliance Agroalimentaire 3A (Grupo Prado Cervera e Central Lechera Vallisoletana), en 2006, no sector de produtos frescos, crea a empresa Lactalis-Nestlé Productos Lácteos Refrigerados Iberia SA e en 2010, no marco da industria queixeira, merca Forlasa.


 


Neste sentido, a organización sindical insta o organismo nacional a que teña en conta na súa resolución as características particulares do sector lácteo español que implican diferenzas comparativas importantes co resto dos estados membros da Unión Europea polo seu caracter deficitario, a debilidade das estruturas produtivas, a dependencia de leite en determinadas rexións e a dependencia industrial do leite envasado.


 


Lembrando así mesmo que as marcas de distribuidor representan xa máis do 55% do mercado do leite en España e que as políticas de aprovisionamento da distribución organizada establecen diferenzas claras entre estas marcas e as de fabricante, polo que desde UUAA se recomenda consideralos como mercados diferenciados desde a perspectiva da industria.


 


A organización agraria bota en falta un estudo detallado da formación dos prezos ao longo da cadea e engade que a correspondente estrutura de marxes clarificaría as condicións de competencia e a eficiencia no sector do leite envasado.


 


Unións Agrarias considera necesario realizar unha análise detallada das condicións de competencia no mercado de leite cru en orixe e de leite UHT en destino dado o alto peso neses dous mercados por parte de Puleva Foods. Ademais, para o sindicato agrario, a compra de Puleva por parte de Lactalis significa un paso relevante no proceso de concentración no sector lácteo español, xa que a empresa francesa acada unha presenza considerable nos mercados de leite cru recollido nas explotacións, leite envasado, queixos e produtos frescos.


 


Así, UUAA destaca que unha profunda análise do mercado do leite cru resultaría de grande utilidade non só para adoptar as decisións pertinentes nesta operación, senón para eventuais accións futuras, proporcionando un enfoque máis rigoroso de posibles iniciativas na liña das propostas do Grupo de Alto Nivel de Leite da Unión Europea.


 


Do mesmo xeito, a forte dependencia da industria láctea española do leite envasado aconsella un estudo do mercado no que tanto Lactalis como Puleva Foods teñen unha presenza significativa. Unións Agrarias suxire analizar as condicións de competencia nas relacións industria-distribución, xa que estas foron a orixe de sucesivos conflitos e no caso do leite envasado de longa duración, a problemática é aínda máis acusada polo papel de produto reclamo que lle asignou a distribución ao leite.


 


Isto fai que este produto soporte en España unha presión moi superior á exercida noutros países europeos, tal e como o pon de manifesto o prezo do leite das marcas de distribuidor que en España é o 25% inferior ao rexistrado en Francia, cando se utiliza como referencia para ambos os países a mesma industria elaboradora e a mesma empresa de distribución alimentaria.


 


Finalmente, o Consello Europeo lembra que “os obstáculos significativos á competencia efectiva derívanse da creación ou reforzo dunha posición dominante”, e destaca que polo menos nalgúns dos mercados relevantes poden superarse amplamente os límites do 25% da cota de mercado, considerada como fronteira para a compatibilidade das operacións de concentración coa realización do mercado común.





« Voltar


Acceso usuarios
 
Lembrar Contrasinal       






- Mobilización contra do recorte das axudas da PAC.

- Presentación Proxecto Si Rural.

- Recortes nas axudas a cotitularidade.















Campaña de Recollida de Sinaturas Danos do Xabarín

FADEMUR - Federación de Asociaciones de Mujeres Rurales


Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2005 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es