Agricultores, gandeiros e consumidores: unidos contra os abusos na cadea comercial
Qué reivindicamos?
Consellos para a compra
Marxes comerciáis na gandeiría
Marxes comerciáis na agricultura
|
¿Cal é a situación que nos vemos obrigados a denunciar?
Os nosos productos perden cada vez máis valor, mentras que os consumidores pagan cada día máis. Só queda unha explicación: o aumento abusivo das marxes comerciais.
¿É legal esta situación?
Atopámonos fronte a unha situación legal, pero totalmente inxusta, que non se pode considerar normal, e que se converteu nun grave problema estrutural para a economía e sociedade española.
¿Quén son os perxudicados?
Agricultores, gandeiros, e consumidores, todos somos vítimas da situación actual.
¿Cales son os productos máis afectados?
Todos os sectores agrícolas e gandeiros están a ser víctimas desta situación inxusta, e son de sobra coñecidos e denunciados por UPA.
¿Qué exemplos nos podemos atopar?
Co inicio da tempada de recollida de froitas e hortalizas, cada ano vemos como os nosos productos saen prácticamente sen prezo do campo e o consumidor paga sempre entre cinco e dez veces máis do que recibe finalmente o agricultor.
¿Están os gandeiros a salvo do problema?
A esta tendencia incorporáronse as producións gandeiras, que se ven na obriga de vender as súas producións por debaixo dos custos de producción: ata un 30% no caso do vacún e un 10% no porcino.
¿Están equilibrados os mercados alimentarios en España?
O negocio da distribución está cada vez máis concentrado. Tres grandes grupos da distribución – Carrefour, Mercadona e Eroski– teñen unha cota de mercado por facturación do 49,5%, fronte arredor de 900.000 agricultores e preto de 4.000 entidades asociativas agrarias.
|
¿Ten este problema algunha solución?
Dende a Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros estamos convencidos de que o problema ten solución.
¿Quén ten a clave da solución?
Sólo é precisa unha vontade política clara por parte dos poderes públicos responsables de ordenar o sistema económico.
¿Qué propón UPA?
Non nos resignamos a dar por boas prácticas claramente irregulares, abusivas e distorsionadoras duna competencia real e transparente.
Para poñer fin a esta situación proponemos:
–Unha lei urxente de marxes comerciais ó longo da cadea alimentaria. Outros países europeos xa o fixeron e non resulta imcompatible coa liberdade de mercado.
–Por en marcha códigos de boas prácticas comerciais que autorregulen as relacións entre outros eslabóns da cadea, dende orixe e destino co recoñecemento explícito das prácticas comerciais correctas e xustas, condicionando calquera apoio público ó seu cumprimento por parte das empresas.
¿Cómo podemos colaborar todos os productores e consumidores, para por fin os abusos?
Apoiando a recollida de firmas que está facendo UPA en toda España para proponer unha iniciativa lexislativa popular, levando ás Cortes as nosas reivindicacións e pedindo o compromiso dos nosos representantes políticos con agricultores, os gandeiros e os consumidores.
|
LISTADO DE LUGARES A VISITAR POLO AUTOBÚS
| Lugar | Día | Emprazamento |
| A Coruña | 14 | R/Cantóns |
| Vilagarcía | 15 | Avda. da Mariña |
| Ourense | 16 | Alameda |
| Vigo | 17 | R/Príncipe |
| Lalín | 18 | Praza da Igrexa |
| Praias | 19 | Poio-Sanxenxo-O Grove |
| Praias | 20 | Marín-Bueu-Cangas |
| Pontevedra | 21 | R/Alameda |
| Ferrol | 22 | Praza do Concello |
| Monforte | 23 | Rúa Cardenal |
| Lugo | 24 | Praza do Concello |
| Arzúa, Melide | 25 | Casco urbano |
| Santa Comba, Vimianzo, Muxía | 26 | Casco urbano |
| Carballo | 27 | Praza do Concello |
| Santiago de Compostela | 28 | Praza de Vigo |
|
En tódalas as paradas se repetirá o seguinte programa de actividades:
10.30 h: Recepción e encontro con colectivos afectados polas subas dos prezos. Máximo 15 persoas. Interior Autobús.
11.30h: Rolda de Prensa. Máximo 15 persoas. Interior Autobús.
12.00h: Reparto de productos. Máximo 200 persoas, ordeadas por filas.
16.00 a 20.00h: Información ós visitantes do Agrobús.
|
|
 |
- Solucións urxentes para o sector lácteo.
- Variedades comerciais de millo forraxeiro.
- A fertirrigación do viñedo...
|



|