![]() | |||||||||||
|
PresentaciónNos meses de xuno, xullo e agosto de 2012 Unións Agrarias levou a cabo 10 accións formativas en toda Galicia có obxectivo de contribuír á Prevención de Riscos Laborais nos sectores agrogandeiro e forestal co patrocinio da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.A seguridade laboral é un componente inseparable do traballo, sendo unha parte integrante do mesmo e inherente a súa constitución e a súa natureza. Só existe unha forma correcta de realizar un traballo: a forma segura. Moitas persoas seguen pensando, hoxe en día, que a actividade agropecuaria está case por completo exenta de riscos e que, por tanto, son inocuas para quenes as realizan. Esta falsa convicción é froito, entre outras causas, do grande desconecemento que existe entre a poboación urbana sobre a actividade agraria, así como da pouca repercusión mediática que ten o problema dos riscos laborais na actividade agraria. O agro ocupa o terceiro lugar entre as actividades de máis perigo, xuntamente coa construción e a minería. O uso indebido de máquinas e produtos químicos é a principal causa de lesións nas explotacións agrícolas. Os accidentes indican, moitas veces por desgraza, que algo se pode mellorar. Suceden porque tenen unhas causas naturais, que poden investigarse e non son froito do azar ou da mala sorte. Neste principio baséase a acción preventiva, orientada a elimina-los riscos e evita-los accidentes. Esperamos dende este espazo dotar de información a todos os visitantes e orientación axeitada en relación coa Prevención de Riscos Laborais no traballo. |
||||||||||
|
© Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 uuaa.prl@unionsagrarias.org | |||||||||||