A organización Unións Agrarias advirte aos afectados polos pagos indebidos a Axencia Tributaria sobre as axudas de incorporación a actividade agraria dos mozos, que non demoren a presentación das reclamacións posto que os expedientes referidos ao exercicio de 2014 prescribirán o vindeiro 30 de xuño, e logo xa non poderán exercer o seu dereito de devolución.
Unións Agrarias gañou diante do Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia unha reclamación contra Facenda, cando esta obrigaba a declarar o 100% da subvención á incorporación cando se concede posto que non aceptaba que era para inversións. A AEAT tería afectado a máis de 1.000 xoves agricultores que agora poderán reclamar o pagado de máis ao fisco, polos impostos referidos aos beneficios das axudas convocadas cada ano pola Xunta.
Desde o sindicato ponse a disposición dos afectados os sevizos xurídicos e administrativos do mesmo para presentar as pertinentes reclamacións para proceder a devolucións das cantidades cobradas indebidamente. Este fallo abre a porta a que os agricultores que xa se teñen visto afectados nas últimas catro campañas de la renda.
Unións Agrarias pedirán unha reunión con Facenda para que se empece a aplicar xa outro criterio de forma unificada e se busque unha fórmula de devolución do recadado de máis de oficio. A media de axudas superou os 34.000 euros e unha terceira parte recalaron no lácteo.