A organización Unións Agrarias solicita que se active de xeito urxente a convocatoria das axudas para os Plans de mellora e a incorporación de mozos de cara a fomentar o relevo xeracional.
Estas axudas con indispensables para que se renoven os equipamentos das granxas de vocación láctea dacordo coas necesidades do mercado actual, millorando as condicións de traballo das persoas e o bienestar dos animais.
Desde o sindicato ponse de manifesto que os investimentos destinados a mellora das explotacións supoñen un impulso a economía do entorno e lembran que por cada euro de axuda que reciben das administracións o gandeiros poñen 7 euros.
O sector lácteo forma é o grande sustento financeiro da moitas comarcas do rural galego e polo tanto, de el depende a supervivencia demográfica e social de gran número de aldeas e vilas de Galicia.