Unións Agrarias demanda unha dotación de persoal administrativo suficiente para a oficina agraria de Teixeiro dada as constates queixas por parte dos agricultores e gandeiros polas deficiencias e retrasos na atención e na tramitación de expedientes.
A comarca de Teixeiro sitúase na cabeza de Galicia en producións gandeiras de leite ou de carne que nestes intres están en plena tramitación dos Plans de mellora das explotacións.
Todo este motor económico, ten na Oficina Agraria de Teixeiro un funil administrativo xa que a través dela fanse unha gran parte dos trámites burocráticos e técnicos que axudan a manter actualizados os libros e contas das explotacións, a tramitación de subvencións, inspeccións e visitas técnicas, certificacións, servizos de aconsellamento, etc.
O produtor que se dirixe a este servizo ou se atopa coa porta pechada ou so dotado cun so técnico que se desbordado para atender correctamente en tempo e forma a toda a demanda de traballo que alí se está a levar a cabo.
Nestas circunstancias, o tempo de espera faise caótico, tendo que volver outro día a arranxar os papeis, o que implica deixar as veces o traballo do campo sen facer, á vez que se provocan grandes retrasos nos trámites burocráticos, correndo o risco de non entregar documentación dentro dos prazos establecidos.