UUAA DENUNCIA QUE NA MESA DA CASTAÑA NON HAXA SITIO PARA OS PRODUTORES

O foro creado por Medio Rural é máis publicitario que representativo

Unións Agrarias denuncia que na constitución por parte de Medio Rural da chamada Mesa da Castaña de Galicia, non se tivera en conta aos produtores. Non se entende que desde a Consellería non se convidase a participar no encontro fundacional ás organizacións agrarias como lexítimas representantes do sector produtor.

A organización agraria, que conta 3 dos de 6 vogais da IXP Castaña de Galicia e dúas asociación sectoriais que traballan a prol da formación e difusión nas principais comarcas produtoras de castaña, lamenta o sectarismo co que nace o novo órgano de representación, que polo que parece reponde mais a ansias publicitarias que a dar representatividade ao sector.

Neste sentido, o modelo de convocatoria desta mesa de representación causou un fondo malestar en comarcas produtoras como as de Viana do Bolo, A Gudiña, etc que ven como novamente se actúa desde a Xunta completamente de costas ao sector o igual que no seu día se investiron 166.000 euros a un proxecto fallido como o chamado Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós, mentres se negaban as axudas directas aos produtores para contrarrestar as perdas das xeadas.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias