UUAA PIDE BATIDAS INMEDIATAS EN SANTIAGO CONTRA O XABARIL

A dimensión dos danos nas parroquias afectadas, chega a perda total dos cultivos

O responsable de Desenvolvemento Rural de UUAA, Xacobo Feijoo, trasladoulle hoxe a Xefa Territorial da Coruña da Consellería do Medio Ambiente, Cristina Carrión, a situación límite que están vivindo os produtores das parroquias compostelás de Santa Cristina e Xoan de Fecha, polos constantes e devastadores ataques dos xabarís ás súas colleitas.

No encontro no que tamén participaron 4 dos produtores mais afectados polas desfeitas das mandas de xabarís, quedou de manifesto por parte da Xunta que nas circunstancias previstas de existencia de afectacións nas colleitas, poderase cazar tamén en épocas de veda e mesmo en superficies afectadas polo lume forestal. Unha dilixencia que desde a Administración Autonómica se lles vai a lembrar aos Tecores da zona para que actúen.

Neste sentido, desde Unións Agrarias vanse a elaborar informes de situación sobre a incidencia dos porcos bravos nos cultivos para activar as citadas batidas de emerxencia. Do mesmo xeito a xefa territorial da Consellería, comprometeuse a dotar de partidas de cazadores doutros Tecores se os das zonas afectadas non dispoñen membros para realizar as accións de control de fauna.

Finalmente e ante a proposta da Xunta de que os gandeiros instalen gaiolas nas parcelas para capturar xabarís, desde UUAA manifestouse a total oposicións posto que estas gaiolas só poden ser efectivas manexadas por expertos profesionais ou da Xunta de Galicia, e baixo ningún concepto deben de ser utilizadas en parcelas agrarias baixo a responsabilidade directa de agricultores e gandeiros. O recente incidente en Ponteareas, onde unha familia do rural estivo a piques de perder a vida nun ataque dun xabaril que ademáis matou a un can na embestida, é unha seria advertencia que non se pode ignorar.

Bastaría unha posible captura accidental dunha cría de xabaril dentro da trampa, cunha femia nai que quedase fora para converter a este animal nun gravísimo risco para calquera persoa que se achegase a inspeccionar o dispositivo, e mesmo para calquera transeúnte que de xeito casual se puidera achegar a estas trampas nun radio duns cincuenta metros, xa que con moita probabilidade, serían seriamente atacados e con nulas posibilidades de defensa, como sucedeu en Ponteareas.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias