UUAA LOGRA ACTIVAR OS PLANS DE MELLORA PARA ESTE ANO

O atraso de dous meses vai a supoñer atrancos para moitas explotacións

Unións Agrarias logrou que se activara a convocatoria de axudas para os Plans de mellora e as axudas a Incorporación de mozos ás explotacións gandeiras. A presión da organización agraria sobre a Consellería de Medio Rural fará posible que moitas granxas teñan acceso unha liña de apoio que posibilita facer reformas para gañar produtividade.

Porén UUAA lamenta que se teñan perdido dous meses de tramitación porque van a supoñer un grave atranco para completar os expedientes, xa que o remate de prazo para presentar as licencias de obra, mantense para o 15 de setembro. Hai que lembrar que as oficinas municipais para solicitar estes certificados acostuman a demorar bastante a entrega da documentación polo que moitos gandeiros quedarán fora da convocatoria.

Desde Unións Agrarias tamén se pon de manifesto a oposición as recortes que sufriron as dotacións orzamentarias tanto as previstas para plans de mellora – pasan de 40 a 25 millóns de euros- e as de plans de incorporación de mozos que se reducen de 20 a 14 millóns de euros. Esta actitude pon as claras o interese que parece ter a Xunta de Galicia para reducir o número de demandantes de axudas.

Non hai que esquecer que por cada 3 euros públicos os gandeiros teñen que poñer 7 a maiores, e que por encima de estes 3 euros postos pola administración galega o 75% proceden de fondos europeos, polo que non é escusa a falta de fondos.

As explotacións galegas están facendo un enorme esforzo para ser o máis eficientes posibles a pesares dos baixos prezos tanto en leite como en carne, apostando por continuar na actividade e sendo a garantía de mantemento dun rural vivo, pero para iso necesitan inversións case constantes nas súas explotacións para mellor o benestar animal, a redución de custos, as esixencias medioambientais, etc, polo que esta liña de axudas e fundamental.

Dende Unións Agrarias queremos recordarlle á Consellería do Medio Rural que no pasado PDR 2007-2014 quedaron sen gastar moitos millóns de fondos procedentes da Unión Europea pola mala xestión da Consellería, polo que para evitar novos erros é importante que se destines os fondos ás liñas que realmente afectan ó desenrolo do medio rural e das nosas explotacións.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias