Unións Agrarias está a recoller a preocupación de produtores da comarca da provincia de A Coruña polos requirimentos que están a chegar ás explotacións con propostas de sanción por traballar fincas preto de regueiros. Nos escritos asinados por Augas de Galicia, faise fincapé na obrigatoriedade por parte dos propietarios das fincas, de reforestar as terras agrarias que abeiran cos ríos baixo a ameza de multas.
Ditas comunicacións, nas que tamén se fai referencia a vertidos de xurros e herbicidas, son puramente especulativos e gratuítos por parte do funcionario que os asina xa que non aportan ningunha análise de solo, nin das augas para soster tales acusacións.
Esta pretendida acción inspectora tan so ten un afán recadaudador sobre as explotacións posto que no caso de non ser contestados os citados apremios, aínda que non teña ningún criterio serio de avaliación, aplícase de oficio unha sanción sobre o propietario da parcela requirida de 2.000 euros.
Unións Agrarias, reclama de Augas de Galicia que poña orde e criterio nos seus equipos de inspección para evitar que o dogmatismo persoal dun determinado funcionario, estea a provocar perda de tempo e cartos en tramitacións que non teñen nin pes nin cabeza e atentan cos máis elementais criterios científicos.
Desde UUAA lémbrase que en Galicia está os produtores cumpren co código de boas prácticas agrarias e coas medidas de condicionalidade recollidas na PAC, polo que non cabe que a viabilidade e renda dunha explotación se rexa e se comprometa polo capricho persoal dalgún inspector.