UUAA DENUNCIA TRABAS DA XUNTA Á ACTIVIDADE AGRARIA

No Deza Medio Ambiente leva 18 meses para autorizar cambiar un cultivo

Unións Agrarias denuncia que na comarca do Deza a Delegación en Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente está a impoñer trabas e retrasos inxustificables que perxudican a actividade agraria e gandeira.

Nas oficinas comarcais da organización agraria tense recibido queixas xeneralizadas por parte dos produtores pola imposibilidade de realizar un cambio de cultivo, de monte a prado, para poder ampliar o rendemento da explotación.

Esta situación é de todo punto irresponsable tendo en conta a carencia endémica de SAU (Superficie Agraria Útil) que padece Galicia. Neste sentido, hai que lembrarlle a Xunta que dos case 3 millóns de hectáreas coas que contan os produtores, a SAU (cultivos e pastos) limítase a 621.600 has, 21,0% do territorio; a metade tanto da media da UE-28 (40,0%) cómo da de España (45,9%).

Por outra banda, resulta irónico que o celo que os funcionarios de Medio Ambiente de Pontevedra poñen en condicionar unha ampliación terreo para facer prado, sexa proporcional ao desinterese que amosan en perseguir as plantacións ilegais de eucaliptos, moi facilmente detectables coa tecnoloxía dixital dispoñible, e que sen embargo se fai descansar na denuncia entre veciños, para que actúe a administración e sancione.

UUAA vai a facer un seguimento de todos os casos para avaliar se as escandalosas demoras, que se están detectando son punibles xudicialmente para actuar de xeito contundente.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias