UUAA LÉMBRA QUE FOI A XUNTA QUEN FREOU OS PLANS PRESENTADOS CONTRA O XABARIN NA COMARCA DO DEZA

Pídelle a Crespo que defenda ós afectados e o non ó Partido Popular

Ante as declaracións do alcalde Lalín aparecidas hoxe nun medio de comunicación, Unións Agrarias lémbralle a Xosé Crespo, que foi Unións quen logrou poñer en marcha as axudas para o pago dos danos do xabaril no ano 2009. Esas axudas desapareceron co cambio de Goberno da Xunta e só se convocan de xeito excepcional en anos electorais, como no presente, aínda que non se están a pagar por parte da Xunta.

Tamén foi UUAA quen conseguiu sentar a cazadores e Xunta nunha mesa para establecer un protocolo de control de danos durante a veda, se ben é certo que nin a Xunta nin os TECOR parecen ter moito interese en que se aplique. Do mesmo xeito foi Unións Agrarias quen solicitou reiteradas veces que se puidera entrar nas zonas vedadas a bater o xabaril por danos.

Asimesmo, este ano UUAA presentou un novidoso Plan Piloto para o control dos danos do xabaril no Deza. Baseado nun sistema de aviso telefónico, en que o afectado daría parte do dano, recibiría a visita dun técnico especializado e en máximo 48 horas estaría desenvolvendo unha acción de control, como unha espera ou o despregue de medios disuasorios. Desafortunadamente a Xunta non tivo a ben aprobar a execución deste plan no Deza, sen presentar ningunha outra alternativa viable.

Por último UUAA lle recorda ao alcalde de Lalín, que o sindicato está levando reclamacións patrimoniais aos TECOR que non teñen colaborado suficientemente na prevención dos danos a pesares da gravidade destes e da solicitude reiterada de colaboración dos afectados, que non foron atendidas suficientemente polo sector.

Unións Agrarias, espera do alcalde de Lalín que se implique da solución ao grave problema que teñen os produtores da comarca do Deza polos danos do xabaril, e deixe de preocuparse de dar cobertura a Xunta de Galicia.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias