UUAA OPÓNSE FRONTALMENTE A SUBIR SUPERFICIE NO RIBEIRO

Unións Agrarias rexeita completamente a posibilidade de incrementar superficie de explotación na Denominación de Orixe Ribeiro. Para a organización resulta un contrasentido falar de ampliación cando todos os anos estanse a producir un abandono moi importante das viñas, quedando paulatinamente menos hectáreas de viñedo e menos viticultores.

UUAA reclama que se atenda de xeito decidido os principais problemas dos produtores, como son a garantía de recollida da uva a un prezo que cando menos cubra os custos produción, de xeito que quede garantido un nivel digno para as rendas dos colleiteiros.

O modelo vitícola do Ribeiro ten un marcado carácter social que axuda a garantir a sustentabilidade demográfica e ambiental das zonas produtoras. Esta realidade choca coas pretensións das adegas de crear grandes plantacións en montes comunais que impidan a supervivencias dos pequenos viticultores.

Desde UUAA ponse de manifesto a importancia de abrir un plan de mobilidade de terras e dereitos dentro da Denominación de Orixe, que facilite o acceso ás viñas abandonadas aos mozos que se incorporen ás explotacións.

Neste capítulo merece especial atención a falta de apoio por parte das administracións ós viticultores (Consello Regulador, Xunta de Galicia, Deputación e Concellos), que non amosan a sensibilidade necesaria cara un sector fundamental na ordenación do territorio, a diversificación económica e o freo a desertización do rural ourensán.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias