UUAA PIDE FREAR AS AXUDAS ÁS FIRMAS MOROSAS COS GANDEIROS

A Xustiza vén de reter de maneira cautelar os pagos da firma Pascual á CLEA mentres non se aclare as débedas que mantén cos gandeiros. No auto do xulgado de Lugo indicase incluso que a empresa amosa certo modus operandi nos últimos meses no feito de non atender os pagos cos seus gandeiros.

A demanda presentada por Unións Agrarias contra CLEA Industrias Lácteas, ven dada polos impagos a cinco pequenas explotacións que suman arredor de 50.000 euros en total.

Desde a organización agraria pídese a Consellería do Medio Rural que suspenda calquera liña de axudas que teñan aprobadas con empresas morosas cos gandeiros tal como ocorre no presente caso.

Para UUAA a Xunta de Galicia non pode subvencionar con cartos públicos a aquelas empresas que contribúen coas súas prácticas a destrución impune dun sector estratéxico para o medio rural galego como é o lácteo.

Unións Agrarias insiste na necesidade da regulación da figura dos primeiros compradores para evitar que os tratantes de leite sigan comercializando de xeito completamente insolvente. Para a organización agraria é imprescindible que as empresas finalistas da actividade dos primeiros compradores, sexan responsables subsidiarias das débedas contraídas nas granxas.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias