Charla informativa co sector avícola en Sarria

Reunímonos cos propietarios de granxas avícolas para falar das novidades normativas que se aveciñan, así como dos problemas relacionados cos seguros agrarios

O 2 de xullo achegámonos ata Sarria para informar aos propietarios de granxas avícolas da zona das novidades normativas que se aveciñan, da man do novo Decreto de ordenación do sector que prepara o Ministerio. Un marco que suporá un reto, principalmente para as novas explotacións. Formación, seguridade alimentaria ou características das granxas son algunhas das cuestións suxeitas aos novos parámetros sobre os que informamos aos nosos asociados.

Unións Agrarias xa ten presentado alegacións ao borrador do novo plan estatal, que presenta aspectos controvertidos que dificultarán o funcionamento e o día a día das novas granxas avícolas. Falamos delas co sector, así como dos novos requisitos en materia sanitaria e inspeccións. Pero tamén abordanos as problemáticas relacionadas cos seguros agrarios, que apenas cubren ao 50% das granxas galegas e que son os máis caros do estado. É necesario traballar para modificar unhas condicións inxustas que penalizan aos nosos produtores cun prezo fixo ata 2024 de 32 céntimos/quilo para a retirada de polos. A media estatal é de 24 céntimos, e nalgunhas comunidades o prezo redúcese ata os 16.

 

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias