Xuntanza para falar da problemática derivada da proliferación sen control do xabaril

Sexa por falta de medios, vontade ou capacidade, en Galicia non estamos sendo quen de xestionar a praga de xabaril. O actual modelo da Xunta, que externalizou o problema pasándollo aos cotos, non vale como solución. Por iso o 8 de xullo nos reunimos en Lalín para abordar as problemáticas relacionados coa proliferación sen control desta especie salvaxe e trazar estratexias capaces de solucionalas.

Para Unións Agrarias resulta urxente que o goberno galego deixe de botar balóns fóra e asuma a súa responsabilidade. A fauna salvaxe causa tres accidentes de tráfico ao día. Máis de 4 millón de euros anuais en indemnizacións. Ademais, moitas comarcas están renunciando a plantar millo polo volume dos danos ocasionados polo xabaril, que a administración non asume.

Non pode continuar pasándose por alto o feito de que o xabaril é un elemento de transmisión da peste porcina. Unha ameaza de extremada gravidade que podería levar á paralización das exportacións de porcino e levar á ruína unha industria de enorme importancia para a Comunidade galega.

A única medida posible para frear os problemas derivados da proliferación desmedida de xabaril é a reducción drástica do número de exemplares, e para elo é necesario actuar de xeito inmediato. Debemos conseguir unha modificación da Lei de Caza que recolla a responsabilidade da Xunta nesta materia. Así como dotación orzamentaria suficiente e a creación do Fondo de Corresponsabilidade que xa establece a propia lei de 2013, e que segue sen cubrir. A propia Xunta sitúa nos 15 millón de euros os danos anuais causados polo xarabil no agro. Cunha partida destinada á cobertura dos mesmos de 600.000 euros, estamos falando de que actualmente a administración unicamente se fai cargo do 8% dos danos agrarios provocados por esta especie salvaxe.

Dicir que 11 exemplares cazados con arco e unha xaula instalada para captura soluciona o problema é rirse da xente. A solución tampouco pode ser que os tecores cacen máis ou menos, pois nin teñen a capacidade de controlar a poboación de xabaril nin é esta unha tarefa que lles corresponda. A Xunta debe asumir urxentemente a súa responsabilidade sobre a xestión da fauna salvaxe, e traballaremos para que o Parlamento de Galicia aborde canto antes esta problemática.

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias