O 16 de xullo achegámonos ata Lugo para falar das novidades e retos que afectan ao sector agrogandeiro. Convocamos aos afiliados da zona para falar de cuestións relacionadas cos sectores lácteo e cárnico. Así como para informalos da nosa intención de impulsar unha Proposición Non de Lei que obrigue á Xunta de Galicia a asumir responsabilidades no control, xestión e subvención dos danos provocados pola crecente poboación de xabaril.