UNIÓNS AGRARIAS URXE A MEDIO AMBIENTE PARA O CONTROL DOS DANOS DO XABARÍN NO DEZA

Reclama a posta en marcha de medidas preventivas que permitan minimizar os danos que xa están a producirse nas colleitas

Unións Agrarias urxe á Consellería de Medio Ambiente a despexar as dúbidas sobre as posibilidades de execución das medidas de control do xabarín no TECOR de Lalín.

Unha vez que a campaña do millo vai avanzando , madurando cara á colleita, comenzan os danos do xabarín, que se irán intensificando nas próximas semáns. Por elo é fundamental iniciar o depregue das medidas preventivas, como as autoriazcións de entrenamentos con cans, as intervencións nas zonas vedadas, as eperas e as batidas extraordinarias, incluso preventivas con carácter previo aos danos.

Por todo elo, no colectivo agrogandeiro causa preocupación o feito de que non estén ainda aprobadas pola Consellería de Medio Ambiente, as medidas que incorpora o Plan anual de aproveitamento cinexético do TECOR de Lalín, no que os cazadores veñen de considerar melloras e novos obxectivos da xestión, que permitirían unha maior eficacia na prevención dos danos unha vez que se concreten e poñan en marcha.

Ante esta situación, Unións Agrarias esixe da Administración que cumpra os prazos, e proceda sen máis dilación a completar o procedemento administrativo que permita a posta en marcha inmediata de todas as medidas previstas, de forma que aumente a eficacia da Sociedade de Caza de Lalín no control dos danos.

É fundamental ir por diante do problema, espantando nestes días ás mandas da cercanía dos cultivos cara o monte, impedir que as zonas vedadas sexan santuarios dende onde se destrozan os cultivos, e desenvolver esperas nas zonas máis sensibles de cultivo onde se estean a aposentar as mandas do xabarín.

O sindicato espera que os compromisos que asumiu recentemente a Consellería de Medio Ambiente na súa xuntanza cos colectivos cinexéticos e de produtores do Deza, no mes de xullo, se concreten en medidas eficaces, e en facilitar a actividade preventiva do TECOR de Lalín e dos restantes do Deza, e non queden en meras palabras e declaración de intencións, nunhas datas onde o avanzado da temporada de cultivos, non deixa marxe para retrasos administrativos ou erros por omisión da Administración. A prevención dos danos do xabarín no medio rural, é tarefa de todos e cada parte ten que cumplir co seu papel, para evitar graves perdas no patrimonio das explotacions e das familias do rural dezano.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias