UUAA SOLICITA UN INCREMENTO DO 25% PARA OS RENDEMENTOS DA D.O. DO RIBEIRO

A formación alerta de que o cupo actual obrigaría aos viticultores a deixar unha boa cantidade da uva dispoñible sen recoller, e podería dar lugar a un mercado en b que cómpre atallar

Unións Agrarias insta ao Consello Regulador do Ribeiro a impulsar unha ampliación dos rendementos do 25% para a próxima vendima. Os vogais da organización urxen unha medida sen a cal os viticultores desta Denominación de Orixe terán complicado dar saída a toda a uva dispoñible. E lembran a necesidade de traballar nun cambio de modelo que substitúa os actuais cupos fixos por outro variable que se adecúe á realidade.

Os vogais de Unións Agrarias no Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro veñen de presentar unha moción a través da cal agardan conseguir que os rendementos de uva fixados para este ano poidan verse modificados. A organización alerta de que os quilos por hectárea que entraron en vigor o ano pasado están lonxe de adecuarse á realidade actual das viñas da zona. E reclaman unha ampliación sen a cal, vista a cantidade de uva existente, moitos viticultores terán problema para poder dar saída ao seu produto.

En vista da cantidade de uva dispoñible nas viñas da D.O., Unións Agrarias ve indispensable ampliar os rendementos fixados antes de que se inicie a recollida para que os viticultores non se vexan na obriga de deixar acios sen vendimar. Unha situación que resultaría incomprensible, e que ademais podería dar lugar á creación dun mercado en b.

Máis aló da ampliación puntual dos rendementos que solicita para esta campaña, Unións Agrarias lembra a necesidade de impulsar un cambio de modelo que evite que problemas coma este volvan darse. A organización reclama a aplicación de rendementos variables en función da realidade das distintas zonas. Un sistema que se adecúe á evolución real das colleitas e que teña en conta tanto o marco de plantación, como a situación do viñedo e a variedade de uva.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias