Veciños produtores das parroquias de San Juan de Fecha e Santa Cristina de Fecha, pertencentes ao rural do Concello de Santiago están a sofrer estes días a visita das mandas do xabarín nos seus cultivos, especialmente o millo.
A pesares das medidas preventivas postas en marcha polas explotacións, os xabaríns están a entrar nas parcelas de millo que empezan a ter espiga, e incluso rondan o entorno das casas, chegando a romper pacas de silo, coa conseguinte alarma e perxuizo para os produtores. Igualmente están sendo afectadas as parcelas de producción de horta para consumo doméstico.
Esta situación ven de ser trasladada a Delegación Provincial de Medio Ambiente de A Coruña, a fin de que traslade a problemática aos responsables do TECOR de Santiago, a fin de que programen e coordinen medidas preventivas e de control inmediatas.
Dado que o vindeiro domingo 24 de agosto, se inicia a temporada hábil de caza do xabarín, o TECOR xa podería desplegar accións de caza, orientadas á prevención de danos, que permitan alonxar as mandas de xabarín das zonas cultivadas, e abatir os animais máis problemáticos nas zonas de maoir risco. Hai que ter en conta que o labor de caza e prevención que se faga nas próxinas 4 semanas previas á colleita, serán fundamentais para evitar altos nivéis de danos, xa que o risco se incrementa a medida que a espiga vai madurando e resulta máis apetecible para estes animais, que non teñen suficiente alimento no monte polas altas densidades de poboación.
A preocupación dos veciños é lóxica unha vez que na época da sementeira do millo nos meses de maio e xuño xa se producirán danos, e se tiveron que pedir medidas extraordinarias de control, que foron executadas polo TECOR.
Asemade os danos nos prados de herba son constantes ao longo do ano, o que reduce a superficie útil cultivada e incrementa os custes de explotación dos profesionais do agro.
A preocupación dos produtores se une aos conductores que utilizan as estradas comarcais no rural do Concello de Santiago, onde son frecuentes os incidentes de tráfico, especialmente polas noites, ante a irrupción inesperada destes animais na calzada.