Normativa do 27 de agosto de 2019

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 27 de agosto (205)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO DE TRABAJO, MIGRACIONES Y SEGURIDAD SOCIAL

Modificación de los estatutos.- Resolución de la Dirección General de Trabajo por la que se anuncia el depósito de la modificación de los estatutos de la organización empresarial denominada “Federación de Asociaciones Apícolas de España”, en siglas FAAE, con número de depósito 99005719 (antiguo número de depósito 8434).

 

DOG 27 de agosto (161)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

IXP Ternera Gallega.- Orde do 6 de agosto de 2019 pola que se adopta decisión favorable en relación coa solicitude de rexistro da modificación do prego de condicións da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega.

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Requirimentos de emenda de axudas.- Resolución do 1 de agosto de 2019 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (Galicia Rural Emprende).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Cambio de uso en varias parcelas.- Anuncio do 31 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de cambio de uso de forestal a agrícola de varias parcelas na parroquia de Pousada, no concello de Sobrado (clave do expediente 2018/0159).

Impacto ambiental.- Anuncio do 31 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto dos colectores xerais e da estación depuradora de augas residuais de Vedra, sita no lugar de Bazar na parroquia de Trobe, concello de Vedra (clave do expediente 2018/0232).

Normas subsidiarias de planeamento municipal.- Anuncio do 1 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual das normas subsidiarias para a delimitación do núcleo rural dos Valos, no concello de Palas de Rei (expediente 2018AAE2180; código 2202/2019).

Normas subsidiarias de planeamento municipal.- Anuncio do 1 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual de diversos aspectos normativos das normas subsidiarias de planeamento do concello de Oia (expediente 2019AAE2336; código 2205/2019).

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Eólicos.- Anuncio do 7 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, de traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación da instalación eléctrica LAT 132 kV subestación parque eólico Carracedo-subestación Meira a subestación parque eólico Farrapa I, Farrapa II, Neda (expediente IN407A 2017/2-0). (Concello da Pastoriza)

Eólicos.- Anuncio do 8 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, de traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación da instalación eléctrica subestación colectora xeración 132/400 kV Ludrio e liña colectora Ludrio eixe sur, tramo 1, 132 kV-SET Ludrio-SET parque eólico Monciro nos concellos de Castroverde, Pol e Castro de Rei (expediente IN407A 2017/6-0).

Eólicos.- Anuncio do 8 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, de traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación da instalación eléctrica LMT 30 kV evacuación parque eólico da Cadeira (expediente IN408A/2017/36). (Concellos de Riotorto, Lourenzá, Mondoñedo e A Pastoriza)

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 8 de agosto de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Cerdeira, San Xosé de Ribarteme e San Cibrán de Ribarteme, no concello das Neves, ao respecto da estrema común dos seus montes.

 

BOP A Coruña 27 de agosto (161)

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Expropiacións.- Acordo do 22 de agosto do 2019 da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de instalación de distribución eléctrica no concello de Vimianzo (expediente-e.: IN407A 2019/84-1).

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Expropiacións.- Anuncio de consignación de depósitos previos e prezos xustos expediente expropiatorio DP 7804 construcción de ponte sobre Rego Gatofero, na estrada DP 7804 de Val do Dubra a Santiago de Compostela (Santiago de Compostela) (Cod. obra: 1711100017.0).

Expropiacións.- Anuncio de consignación de depósitos previos e prezos xustos expediente expropiatorio DP 6104.- ampliacion e mellora da estrada dp 6104. Creta na AC-862 ao Picon. pk 0+000 ao pk 2+400 e ramal (Ortigueira) (cod. obra 2018.1110.0004.0).

Expropiacións.- Anuncio de consignación de depósitos previos e prezos xustos expediente expropiatorio DP 8901 ampliación da Ponte sobre FFCC Ourense-Santiago no pq 1+000 da estrada DP 8901 da Gaiosa á Ponte de Sarandón (Vedra) (cod. obra: 1711100016.0).

Expropiacións.- Anuncio de consignación de depósitos previos e prezos xustos expediente expropiatorio DP 6121.- Proxecto de construccion: mellora da seguridade vial na estrada DP 6121 Mera a Cariño p.q. 7+800 (Cariño) (código de obra 18.1110.0010.0).

Expropiacións.- Anuncio de consignación de depósitos previos e prezos xustos expediente expropiatorio DP 8401 proxecto de ponte sobre o río Pedrouzo na DP 8401 Tablilla a Agrodomestre por Pontepedra pq 3+000 (Tordoia) (cód. obra: 2018.1110.0009.0).

Expropiacións.- Anuncio de consignación de depósitos previos e prezos xustos expediente expropiatorio DP 7804 Val do Dubra a Santiago, ensanche, mellora de trazado e afirmado p.q. 18+690 ao 22+223 (Santiago de Compostela) (cod. obra: 18.1110.0007.0).

Expropiacións.- Anuncio de consignación de depósitos previos e prezos xustos expediente expropiatorio DP 5603 Negreira a Marco do Cornado (Negreira). (cod. obra 18.1170.0002.0).

Expropiacións.- Anuncio de consignación de depósitos previos e prezos xustos expediente expropiatorio senda peonil na DP 7803 Santiago a Figueiras entre os p.q. 0+000 ao 2+560 e ramal inicial (Santiago de Compostela) (código obra 18.1170.0004.0).

Expropiacións.- Anuncio de consignación de depósitos previos e prezos xustos expediente expropiatorio DP 0801 de Fraga ao Casal de Sta. Marta de Babio por S. Victorio ampliación e senda, no p.k. 0+000 ao 0+790 (Bergondo) (código obra 2018.1110.0012.0).

Expropiacións.- Anuncio de consignación de depósitos previos e prezos xustos expediente expropiatorio DP 1703.- Mellora da interseccion da estrada DP 1703 Espiritu Santo a Frais (Cambre) (cod. obra 2017.1110.0024.0).

 

BOP Lugo 27 de agosto (196)

XOVE

Incendios.- Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais do Concello de Xove (PMPDIF).

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias