DOG 28 de agosto (162)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Concesións axudas á apicultura.- Resolución do 8 de agosto de 2019 pola que se dá publicidade das persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 13 de maio de 2019 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2019.
AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
Modificación de prazos.- Resolución do 20 de agosto de 2019 sobre modificación dos prazos de vixencia e adhesión establecidos nos artigos 3 e 4 da Resolución do 26 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2019 (código de procedemento IN421T e IN421U), (Diario Oficial de Galicia número 128, do 8 de xullo).
A data límite de vixencia finalizará o 6 de novembro de 2019.
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Instalación eléctrica.- Acordo do 22 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Vimianzo (expediente-e IN407A 2019/84-1).
Instalación eléctrica.- Resolución do 17 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilamarín (expediente IN407A 2019/22-3).
Eólicos.- Extracto da Resolución do 30 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 26 de xullo de 2019, polo que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción, a declaración da utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia sobre diversos aproveitamentos forestais, dunha instalación eléctrica denominada LAT 132 kV evacuación parque eólico Ourol, sita nos concellos de Ourol e Viveiro (Lugo) (expediente IN408A 2018/18).
Eólicos.- Resolución do 16 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción para o proxecto de execución denominado Proxecto modificado segundo da subestación colectora 30-66/220 kV para conexión de instalacións de xeración renovable á rede de transporte no nó Regoelle 220 kV, no termo municipal de Dumbría (expediente IN407A 2016/3040-1).
BOP Pontevedra 28 de agosto (164)
LALÍN
Subvencións.- Bases reguladoras da concesión de axudas para a realización de actividades culturais para o ano 2019.