Normativa do 29 de agosto de 2019

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 29 de agosto (163)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Convocatoria.- Resolución do 9 de agosto de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, para o ano 2019 (código de procedemento SI452A).(Extracto)

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Convocatoria.- Orde do 14 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, formación e emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TR342A). (Extracto)

Minimis sector agrario límite de 20.000€ durante calquera período de tres exercicios.

a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial, a temporal cunha duración mínima inicial de 3 meses e a transformación de contratos temporais en indefinidos a tempo completo ou a tempo parcial das persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.

b) Bono de formación, dirixido ás persoas traballadoras cunha contratación indefinida inicial ou temporal mínima de 6 meses, beneficiarias do bono de contratación, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

c) Bono de emprego con apoio, que consiste nun conxunto de actividades de orientación e acompañamento individualizado que prestan, no propio posto de traballo, persoas preparadoras laborais especializadas ás persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, con especiais dificultades de inserción laboral, e que realizan a súa actividade en empresas do mercado ordinario de traballo, en condicións similares ao resto dos traballadores e traballadoras que desempeñan postos de iguais características.

O prazo para presentar as solicitudes rematará o 30 de setembro 2018.

TR342A

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Informe ambiental.- Anuncio do 8 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de liña de alta tensión a 220 kV Atios-Montouto (treito entre a subestación Atios e o apoio T-13 existente), no concello do Porriño (expediente 2018/0139).

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Expropiacións.- Anuncio do 14 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación da LAT 132 kV parque eólico Serra do Oribio, subestación Triacastela (expediente 017/2005 AT).

Expropiacións.- Anuncio do 14 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2016/3037-1, no concello de Fene.

Expropiacións.- Anuncio do 16 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de follas de valoración por expediente de expropiación, no concello de Irixoa (expediente IN407A 2016/370-1).

Expropiacións.- Anuncio do 16 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de follas de valoración por expediente de expropiación, no concello de Sobrado (expediente IN407A 2015/298-1).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Reestruturación parcelaria.- Anuncio do 13 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a varios interesados o acordo de reestruturación parcelaria da zona de concentración parcelaria de Godos (Caldas de Reis, Pontevedra).

BOP Lugo 29 de agosto (198)

O INCIO

Incendios.- Plan Prevención de Incendios.

 

BOP Ourense 29 de agosto (198)

CONCELLO DE PADRENDA

Axudas.- Bases das axudas á contratación de alumnos – traballadores do obradoiro de emprego “Ruta dos Muíños 4”. (Páx. 4)

CONCELLO DA VEIGA

Faba Loba das Montañas de Trevinca.- Regulamento municipal de creación da marca “Faba Loba das Montañas de Trevinca”. (Páx. 26)

 

BOP Pontevedra 29 de agosto (165)

COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE CHAIN

Asemblea.- Convocatoria asemblea xeral extraordinaria.

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias