Normativa do 2 de setembro de 2019

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 2 de septiembre (165)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Cambio de uso de forestal a agrícola de varias parcelas.- Anuncio do 7 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do Proxecto de cambio de uso de forestal a agrícola de varias parcelas na parroquia de Puga no concello de Toén (clave do expediente 2019/0028).

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Instalación eléctrica.- Acordo do 8 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de San Sadurniño (expediente IN407A 2015/251-1).

Instalación eléctrica.- Resolución do 7 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Curtis (expediente IN407A 2018/201-1).

BOP A Coruña 2 de septiembre (165)

ANUNCIOS

Instalación eléctrica.- Acordo do 26 de agosto do 2019 da X.T. da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, construción e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación de distribución eléctrica en Carnota (expte.: IN407A2016/1232-1).

BOP Ourense 2 de septiembre (201)

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Instalación eléctrica.- Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas pola que se outorgan a Red Eléctrica de España SAU a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción e se declara a utilidade pública da infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica denominada LAT a 220 kV DC de E/S (expediente IN407A 2016/250-3). (Manzaneda)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias