UUAA INSTA Á XUNTA A COORDINAR ACCIÓNS DE CAZA INMEDIATAS EN SILLEDA

Destaca os graves danos nos cultivos que xa se teñen producido, cando aínda queda un mes para a colleita

Unións Agrarias vén de informar ao Servizo Provincial de Caza de Pontevedra, da existencia de danos do xabaril en parcelas da Parroquia de San Fiz en Silleda, para que se apliquen medidas de caza preventivas inmediatas na zona, unha vez comenzada a tempada de caza do xabarín o pasado 24 de agosto. A organización agraria ve necesario que a Sociedade de Caza de Silleda poña todos os seus recursos a funcionar durante o mes de setembro, para ser eficaz na prevención dos danos do xabaril en todas e cada unha das parroquias de Silleda onde os profesionais da gandeiría teñen os seus cultivos de millo.

Non é admisible que as mandas de xabarín campen as súas anchas polas fincas de cultivo, xerando cuantiosos destrozos, sin que se fagan todos os esforzos posibles para desplazar durante estas semanas críticas os xabaríns das zonas de cultivo cara o monte, para o cal as accións de caza e a colaboración do TECOR son tarefas inexcusables e de inmediata actuación, sexa con esperas, batidas ou dispersións con cans segundo os casos.

Neste contexto e dada a situación administrativa da Sociedade de Caza de Silleda pola recente dimisión da Xunta Directiva, Unións insta á Consellería do Medio Ambiente a coordinar coa Sociedade de Caza de Silleda, as accións que ata a recollida da colleita, poden evitar un alto nivel de danos no ámbito do Concello, alí onde se reporten danos nos cultivos. Igualmente para controlar a densidade dos xabaríns nun concello onde a producción porcina é fundamental para moitas familias, e onde a proliferación desordenada do xabarín podería ser un problema de primeiro orde polo seu papel na transmisión de enfermedades de transmisión animal.

Esta ten que ser a última campaña do agro galego, na que se vaia por detrás dos danos do xabarín. Hai que ir cara un cambio de modelo, no que a intervención da Administración, sen eludir as súas competencias e responsabilidades, coordinando e organizando a caza social galega, acade unha xestión real das poboacións de xabarín, a existencia de danos a un nivel adminisble polo agro galego, e un sistema claro e xusto de indemnización cando estes se produzan.

Para o cal a Unións Agrarias está a recoller sinaturas nestes días, para presentar no Parlamento de Galicia, unha Iniciativa Lexislativa Popular, que ante a falta de pulso da Consellería do Medio Ambiente, tome a iniciativa no ámbito do control de danos da fauna cinexética, organizando e dispoñendo as actividades de prevención apoiándose nos cotos, e descargando ás Sociedades de Caza da responsabilidade do pago dos danos.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias