Normativa do 13 de setembro de 2019

Ampliación do prazo de data de presentación da licenza municipal dos plans de mellora ata o 15 de outubro de 2019

BOE 13 de setembro (220)

III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN

Aceituna de mesa.- Corrección de errores de la Orden APA/885/2019, de 2 de agosto, por la que se extiende el acuerdo de la Organización Interprofesional de la Aceituna de Mesa al conjunto del sector y se fija la aportación económica obligatoria, para realizar actividades de promoción de la aceituna de mesa, mejora de la información y conocimiento sobre las producciones y los mercados y realizar programas de investigación, desarrollo, innovación tecnológica y estudios durante las campañas 2019/2020, 2020/2021 y 2021/2022.

MINISTERIO DE POLÍTICA TERRITORIAL Y FUNCIÓN PÚBLICA

Procedimientos de declaración de inconstitucionalidad.- Resolución de 29 de julio de 2019, de la Secretaría General de Coordinación Territorial, por la que se publica el Acuerdo de la Comisión Bilateral de Cooperación Administración General del Estado-Comunidad Autónoma de Galicia en relación con la Ley 1/2019, de 22 de abril, de rehabilitación y de regeneración y renovación urbanas de Galicia.

V. ANUNCIOS

MINISTERIO DE FOMENTO

Expropiaciones.- Anuncio del Administrador de Infraestructuras Ferroviarias, ADIF, por el que se somete a información pública, a efectos de expropiaciones, el “Proyecto Constructivo de Racionalización de vías e instalaciones en la estación de Tui“.

DOG 13 de setembro (174)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

Convocatoria.- Orde do 6 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D). (Extracto)

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Modificación de prazo, plans de mellora.- Orde do 10 de setembro de 2019 pola que se modifica o prazo de presentación da licenza municipal de obra e dos diferentes permisos administrativos previstos na Orde do 16 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (códigos de procedemento MR405A, MR404A e MR405B).

(A data de presentación da licenza municipal e do resto dos permisos administrativos prevista no artigo 21 da Orde do 16 de maio de 2019 ata o 15 de setembro de 2019 amplíase ata o 15 de outubro de 2019, inclusive.)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Normas subsidiarias de planeamento municipal.- Resolución do 16 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Outeiro de Rei, para a delimitación dos núcleos rurais de Penelas, Francos, Corredoira, Leiros Largos e Barciela e alteración de varias determinacións normativas (expediente PTU-LU-12/043).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 4 de setembro de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación do monte Os Calvos, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Miguel de Barcala, do concello da Estrada (Pontevedra).

XURADO DE EXPROPIACIÓN DE GALICIA

Precio xusto predios.- Cédula do 2 de setembro de 2019 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2019000348 e un máis). (Cabana de Bergantiños)

Prezo xusto predio.- Cédula do 2 de setembro de 2019 pola que se notifica o Acordo do 18 de xullo de 2019 que fixa o prezo xusto do predio número 79, sito en Cabana de Bergantiños, relativo ao proxecto 01609 (expediente 2019/000325).

Prezo xusto predio.- Cédula do 2 de setembro de 2019 pola que se notifica o Acordo do 20 de xuño de 2019 que fixa o prezo xusto do predio número 119 Co, sito en Noia, relativo ao proxecto 01728 (expediente 2019/000394).

Prezo xusto predio.- Cédula do 2 de setembro de 2019 pola que se notifica o Acordo do 20 de xuño de 2019 que fixa o prezo xusto do predio número 76 Co, sito en Noia, relativo ao proxecto 01728 (expediente 2019/000391).

Prezo xusto predio.- Cédula do 2 de setembro de 2019 pola que se notifica o Acordo do 18 de xullo de 2019 que fixa o prezo xusto do predio número 21, sito en Cabana de Bergantiños, relativo ao proxecto 01609 (expediente 2019/000305).

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

Xestión de biomasa.- Anuncio de exposición pública do expediente de orde de execución para a xestión da biomasa vexetal de parcelas de propietarios descoñecidos ou de propietarios aos cales non se lles puido efectuar a notificación (expediente 1103/2019).

 

BOP A Coruña 13 de setembro (174)

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

Expropiacións.- Convocatoria actas ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras “Mellora da seguridade viaria no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada AC-164, p.q. 3+000 a 4+000”, de clave AC/17/142.06, no concello de Bergondo.

 

BOP Lugo 13 de setembro (211)

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA. SERVIZO DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA

Segregación Tecor.- Solicitude de segregación Tecor Alto da Mámoa (LU-10267), no concello de Friol. (Páx. 1)

BOP Ourense 13 de setembro (211)

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL

AFRICOR.- Información pública da baixa por transformación por modificación do réxime xurídico da Asociación Provincial de Gandeiros de Frisona de Ourense para o Control de Rendementos – AFRICOR Ourense. (Páx. 2)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias