Normativa do 16 de setembro de 2019

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 16 de setembro (175)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Convocatoria.- Orde do 13 de agosto de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas destinadas a persoas traballadoras afectadas por procedementos de regulación de emprego de suspensión de contratos de traballo por causa de forza maior, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TR820D). (Extracto)

AXENCIA TURISMO DE GALICIA

Subvencións.- Resolución do 4 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades organizadoras de congresos, seminarios, convencións, incentivos ou calquera outro evento relativo ao turismo de reunións en Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 (código de procedemento TU403A). (Extracto)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Instalación eléctrica.- Acordo do 26 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Carnota (expediente IN407A 2016/1232-1).

Eólicos.- Anuncio do 2 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifica a varios interesados da declaración da utilidade pública, en concreto, así como da compatibilidade cun dereito mineiro, do proxecto do parque eólico Miñón (expediente IN408A 2017/07). (Vimianzo)

Eólicos.- Anuncio do 6 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN408A 2018/15-1, no concello de Vimianzo.

Eólicos.- Anuncio do 6 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2014/196-1, no concello de Dumbría.

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

Xestión de biomasa.- Anuncio de exposición pública dos expedientes de orde de execución para a xestión da biomasa vexetal de parcelas de propietarios descoñecidos ou de propietarios aos que non se lles puido efectuar a notificación (expediente 681 e tres máis).

CONCELLO DE CULLEREDO

Xestión da biomasa.- Anuncio de xestión da biomasa.

 

BOP A Coruña 16 de setembro (175)

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Instalación eléctrica.- Acordo do 22 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de transporte de enerxía eléctrica nas provincias de A Coruña e Pontevedra.

CULLEREDO

Violencia de Xénero.- Resolución de concesión de subvencións municipais. Liña de actuación número 2: promoción de servizos, programas, proxectos e actividades en materia de igualdade, corresponsabilidade, loita contra a violencia de xénero e dinamización e empoderamento.

FERROL

Aproveitamentos comunais do monte de Brión.- Ordenanza reguladora dos aproveitamentos comunais do monte de Brión, Ferrol (A Coruña).

BOP Lugo 16 de setembro (213)

OUTEIRO DE REI

Expropiacións.- Aprobación provisional de relación de bens e dereitos a expropiar.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias