Normativa do 17 de setembro de 2019

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 17 de setembro (176)

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Modificación estatutos Agacal.- Decreto 107/2019, do 5 de setembro, polo que se modifican os estatutos da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, aprobados polo Decreto 52/2018, do 5 de abril.

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Requerimentos de emenda, Axudas conciliación.- Resolución do 4 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 3 de maio de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e a corresponsabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento SI440A).

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Proxecto de ordenación do medio rural.- Orde do 5 de agosto de 2019 de aprobación definitiva da modificación puntual número 3 do Proxecto de ordenación do medio rural do concello de Mondariz-Balneario.

Normas subsidiarias de planeamento municipal.- Orde do 9 de agosto de 2019 de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias municipais do concello de Salvaterra de Miño referida ao uso de garaxe.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Instalación eléctrica.- Acordo do 12 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello de Dumbría (expediente IN407A 2014/196-1).

Instalación eléctrica.- Resolución do 20 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Tomiño e Tui (expediente IN407A 2019/111-4).

CONCELLO DE RIBEIRA

Incendios forestais.- Anuncio polo que se comunica o cumprimento das obrigas legais sobre prevención e defensa contra os incendios forestais.

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias