Normativa do 20 de setembro de 2019

Ampliación do prazo de execución e xustificación ata o 20 de decembro de 2019 (inclusive) nas axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo. Ampliación do prazo de data de presentación da licenza municipal ata o 20 de outubro de 2019 (inclusive) nas axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo.

DOG 20 de setembro (179)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Modificación de prazo.- Orde do 10 de setembro de 2019 pola que se modifica o prazo de xustificación da Orde do 30 de abril de 2019 pola que establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento MR351A).

Amplíase ata o 20 de decembro de 2019 (incluído) o prazo para executar e xustificar estas axudas.

Modificación de prazo de presentación da licenza municipal.- Orde do 17 de setembro de 2019 pola que se modifica o prazo de presentación da licenza municipal de obra e dos diferentes permisos administrativos previstos na Orde do 7 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento MR323C).

A data de presentación da licenza municipal e do resto de permisos administrativos, amplíase ata o 20 de outubro de 2019, inclusive.

AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS

Notificación.- Anuncio do 3 de setembro de 2019, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica o trámite de audiencia efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra vía de alta capacidade Carballo-Berdoias, no concello de Vimianzo, por enderezo incorrecto.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias