Normativa do 27 de setembro de 2019

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOUE 27 de setembro

LEGISLACIÓN (L248)

REGLAMENTOS

Fauna y flora silvestres.- Reglamento de Ejecución (UE) 2019/1587 de la Comisión, de 24 de septiembre de 2019, por el que se prohíbe la introducción en la Unión de especímenes de determinadas especies de fauna y flora silvestres de conformidad con el Reglamento (CE) nº 338/97 del Consejo, relativo a la protección de especies de la fauna y flora silvestres mediante el control de su comercio.

Sector avícola.- Reglamento de Ejecución (UE) 2019/1588 de la Comisión, de 25 de septiembre de 2019, por el que se modifica el Reglamento (CE) nº 1484/95 en lo que respecta a la fijación de los precios representativos en los sectores de la carne de aves de corral, de los huevos y de la ovoalbúmina.

COMUNICACIONES E INFORMACIONES (C323)

Contratos celebrados con los consumidores.- Comunicación de la Comisión — Directrices sobre la interpretación y la aplicación de la Directiva 93/13/CEE del Consejo sobre las cláusulas abusivas en los contratos celebrados con los consumidores.

 

DOG 27 de setembro (184)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Convocatoria.- Orde do 12 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TR352A). (Extracto)

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

Modificación Resolución.- Resolución do 19 de setembro de 2019 pola que se modifica a Resolución do 21 de febreiro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxías solar fotovoltaica, dirixidas a particulares, para o ano 2019.

Modifícase o artigo 22. Prazo de execución das instalacións que queda redactado nos seguintes termos:

O prazo de execución das instalacións iniciarase unha vez se teña efectuado a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará o 30 de setembro de 2019.

Para todas as solicitudes de axuda que se lles notifícase a resolución de concesión a partir do 1 de agosto o prazo de execución das instalacións amplíase ata o 31 de outubro de 2019.

Modificación Resolución.- Resolución do 19 de setembro de 2019 pola que se modifica a Resolución do 21 de febreiro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxías renovables, de uso térmico, dirixidas a particulares, para o ano 2019.

Modifícase o artigo 22. Prazo de execución das instalacións que queda redactado nos seguintes termos:

O prazo de execución das instalacións iniciarase unha vez se teña efectuado a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará o 30 de setembro de 2019.

Para todas as solicitudes de axuda que se lles notificase a resolución de concesión a partir do 1 de agosto o prazo de execución das instalacións amplíase ata o 31 de outubro de 2019.

Modificación Resolución.- Resolución do 19 de setembro de 2019 pola que se modifica a Resolución de 10 de xaneiro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de equipos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria.

Modifícase o artigo 24. Prazo para executar a instalación que queda redactado nos seguintes termos:

A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 30 de setembro de 2019.

Para todas as solicitudes de axuda que se lles notificase a resolución de concesión a partir do 1 de agosto, o prazo de execución e xustificación das instalacións amplíase ata o 31 de outubro de 2019.

AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA

Modificación Resolución.- Resolución do 19 de setembro de 2019 pola que se modifica a Resolución do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019.

Artigo 1. Ampliación do prazo de execución e xustificación

Amplíase ata o 1 de novembro de 2019 (incluído) o prazo para executar e xustificar estas axudas na primeira anualidade.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Impacto ambiental.- Anuncio do 16 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto da planta de valorización de chatarra e almacenamento de pilas no polígono industrial de Camba, concello de Xove (expediente 2019/0081).

Impacto ambiental.- Anuncio do 16 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de valorización de residuos non perigosos (RNP) procedentes do lavado de agregados na parroquia de Saiar, concello de Caldas de Reis, promovido por Triturados de Saiar, S.L. (clave 2019/0038).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Reestruturación parcelaria.- Anuncio do 5 de agosto de 2019, do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Coruña, polo que se comunica a aprobación do acordo de reestruturación parcelaria da zona de Trazo (Trazo-A Coruña).

CMVMC.- Anuncio do 5 de setembro de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación do monte Cova Terreña, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santa María de Fóra, na parroquia de Baiona (Santa María de Fóra), do concello de Baiona.

Concentración parcelaria.- Anuncio do 11 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se publica a notificación dunha resolución relativa á zona de concentración parcelaria de Baio (Zas-A Coruña).

Concentración parcelaria.- Anuncio do 11 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se publican varias notificacións relativas a resolucións polas cales se modifican as bases definitivas da concentración parcelaria da zona de Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña).

Concentración parcelaria.- Anuncio do 11 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se publica a resolución relativa á revisión cartográfica e documental do Acordo de concentración parcelaria da zona de Santa María de Nebra (Porto do Son-A Coruña).

BOP Lugo 27 de setembro (223)

MINISTERIO DE FOMENTO

Expropiacións.- Anuncio do ADIF polo que se somete a información pública a efectos de expropiacións o “Proxecto de tratamento de elementos da infraestructura (pontes e explanacións) entre os PP.KK. 000+000 e 009+059 do Tramo Monforte – Ourense da Liña 810”. (Monforte de Lemos e Sober)

Expropiacións.- Anuncio do Administrador de Infraestructuras Ferroviarias, ADIF, para o que está sometido a información pública, para fins de expropiación, o “Proxecto constructivo de renovación vial da sección Ourense-Monforte de Lemos. Liña 810”. (Ourense, Coles, A Peroxa, Sober e Monforte de Lemos)

Expropiacións.- Anuncio do ADIF polo que se somete a información pública a efectos de expropiacións o “Proxecto de tratamento de elementos da infraestructura (pontes e explanacións) entre os PP.KK. 396+299 a 405+100 y 413+517 a 432+265 do tramo Monforte – Lugo da Liña 800”. (Sarria, Láncara, O Corgo e Lugo)

BOP Pontevedra 27 de setembro (186)

VILABOA

PXOM.- Plan xeral de ordenación municipal de Vilaboa.

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias