Normativa do 7 de outubro de 2019

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 7 de outubro (190)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

Requirimentos de emenda.- Resolución do 26 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 16 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, parcialmente cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2019, 2020, 2021 e 2022.

FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA

Convenios de colaboración.- Resolución do 17 de setembro de 2019 pola que se dá publicidade aos acordos de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2019.

BOP A Coruña 7 de outubro (190)

A LARACHA

Incendios.- Exposición pública do Plan municipal de prevención e defensa contra incendios forestais (PMPDIF) do Concello da Laracha.

BOP Lugo 7 de outubro (230)

GUITIRIZ

Información pública.- Incoación novo procedemento investigación titularidade de camiño público. (Páx. 10)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias