UNIÓNS AGRARIAS APOSTA POLA CAZA SOCIAL COMO FERRAMENTA DE XESTIÓN DOS DANOS DO XABARIL

Pretende un cambio no enfoque que permita reducir o impacto na agricultura e na gandeiría, así como na seguridade vial

Unións Agrarias espera que a Proposición non de Lei sobre reformas urxentes da Lei de Caza de Galicia, presentada o pasado día 4 de outubro no Parlamento de Galicia, e avalada por máis de 6.500 firmas de xentes do rural recollidas en apenas 3 semanas, se debata no mes de novembro dentro do marco da Lei de Acompañamento dos orzamentos da Xunta para 2020. De forma que permita importantes modificacións urxentes da Lei 13/2013 de Caza de Galicia.

Así o ven de expoñer Jacobo Feijoo, responsable de área de desenvolvemento rural, na rolda de prensa desta mañán na cidade de Ourense, onde se abordou a problemática dos danos de xabarín na provincia. Só na comarca de Viana do Bolo contabilízanse este ano máis de 120 ha de cultivos danadas, estimándose que son a metade dos danos reais. De feito deixouse de botar centeo nos últimos anos, ante a imposibilidade de sacar adiante este cereal de inverno pola acción dos xabaríns. Asemade preocupa o efecto das piaras na castaña, o que se suma a problemas como o cancro do castiñeiro, que segue a avanzar, ou da recén chegada praga da avispilla do castiñeiro.

A proposta de Unións Agrarias pretende un cambio no enfoque do control das poboacións de xabarín en Galicia, que permita reducir os seus danos e o seu impacto, na agricultura e gandeiría, onde produce uns danos superiores aos 15 millóns de euros ao ano, e na seguridade vial, con casi 4 accidentes diarios nas estradas de Galicia. A proposta de Unións recoñece o rol da caza e aposta polos cazadores e a caza social galega como principal instrumento de xestión e control da fauna, á vez que propón unha serie de reformas para que esta caza social sexa realmente eficaz. Así entre outras medidas, Unións está a propoñer:

  • O control das poboacións de xabarín se faga apoiándose na caza social galega, respectando os seus dereitos, pero baixo a dirección e o control indelegables da Xunta de Galicia, quen fixará de forma executiva as densidades de xabaril en cada comarca cinexética dacordo a criterios científicos e técnicos obxectivos que permitan prevenir a transmisión de patoloxías como a peste porcina africana ou a tunberculose do gando. É impensable que 414 Sociedades de Caza que hai en Galicia, sen coordinación, fixen estes criterios de xeito eficaz.
  • A organización e responsabilidade da execución das esperas, e outras medidas disuasorias e preventivas dos danos do xabaril, durante a época de veda, corresponderá á Xunta de Galicia.
  • Se introducirán as modificacións precisas na Lei de Caza, para que a caza fora de temporada, por control de danos, sexa eficaz como ferramenta de prevención de danos, á vez que segura para os cazadores na súa práctica.
  • Se regularán actividades como os entrenamentos dos cans ou os campionatos sen morte, que durante a época de cría deslocalizan aos xabaríns do monte cara as zonas habitadas e cultivadas. Estes entrenamentos ben regulados poden ser parte da solución e non do problema.
  • As indemnización dos danos aos afectados corresponderá a Xunta de Galicia, salvo que se demostre neglixencia e dolo por parte dos TECOR. É absurdo pretender que os TECOR respondan legalmente duns danos para os que non teñen capacidade económica, porque ao final acaba como na actualidade, en que son os produtores os que se fan cargo dos mesmos coas súas rendas familiares.

Todas estas medidas permitirían unha sensible mellora da situación actual, poidéndose controlar as densidades do xabarín para prevenir a posible transmisión da peste porcina africana, reducir os danos na agricultura e gandeiría, e mellorar a seguridade vial nas carreteras do rural. Asemade permitiría unha xusta indemnización para os afectados polo xabarín, sexan agricultores e gandeiros profesionais, ou personas que teñen nas súas hortas un complemento de renda importante para a familia.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias