UUAA RECLAMA ÁS INDUSTRIAS LÁCTEAS MULTADAS POR COMPETENCIA

Abre en Sarria unha campaña para lograr indemnizacións ós gandeiros

A organización Unións Agrarias presentou diante de 200 gandeiros en Sarria a campaña de actuación para lograr que as industrias lácteas multadas por Competencia indemnicen aos gandeiros que sufriron as súas prácticas ilegais. Estas empresas foron multadas con 80 millóns de euros pola Comisión Nacional para os Mercados e Competencia, (CNMC), por pactar prezos para manter anormalmente baixo o prezo da leite en orixe entre os anos 2000 a 2013.

O volume que desde UUAA se calcula que as ganderías poderán reclamarlle ás industrias lácteas achégase aos 3 céntimos por litro de leite vendido nese período. Ademais a organización agraria valora tamén a posibilidade de solicitar indemnizacións doutras firmas que incorreron en prácticas ilícitas, pero que non foron sancionadas por Competencia por prescripción das infraccións.

En Galicia poden estar afectadas unhas 32.000 explotacións en toda a etapa de fraude nos prezos. Delas arredor de 300 granxas xa se puxeron en contacto con Unións Agrarias para solicitar información ou para iniciar os trámites para as reclamacións. Hai tanto granxas activas como ganderías que xa pecharon e que están a ter noticia do caso a través dos medios de comunicación. Logo desta primeira charla en Sarria, Unións Agrarias percorrerá as principais comarcas produtoras de leite de Galicia para informar ás 7.000 explotacións que perduran na actualidade das posibilidades que ofrece a reclamación diante das industrias, tanto pola recuperación dunhas rendas que foron detraídas ilegalmente das súas liquidacións no leite, como para vacinar ás empresas de voltar no futuro ás mesmas prácticas.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias