Normativa do 24 de outubro de 2019

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 24 de outubro (203)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Concesións.- Resolución do 9 de outubro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2019 (DOG número 27, do 7 de febreiro).

Concesións.- Resolución do 9 de outubro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizaren actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social, e se convocan para os anos 2019 e 2020 (DOG número 27, do 7 de febreiro).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Instalación eléctrica.- Resolución do 1 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Pontedeume (expediente-e IN407A 2019/51-1).

Instalación eléctrica.- Resolución do 11 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2019/174-1).

Eólicos.- Anuncio do 9 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifican a varios interesados as autorizacións administrativas, a utilidade pública e a prevalencia da instalación eléctrica denominada liña colectora Ludrio eixo norte: 132 kV, parque eólico A Pastoriza-Rodeiro, subestación de interconexión Ludrio 132/400 kV (expediente IN407A 2017/4-0). (Pastoriza, Castro de Rei)

Instalación eléctrica.- Anuncio do 10 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2019/157).

Instalación eléctrica.- Anuncio do 10 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2019/109).

AUGAS DE GALICIA

Seaga.- Resolución do 11 de outubro de 2019 pola que se fai pública a formalización do encargo co medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) para a realización do servizo de actuacións de mantemento e xestión da biomasa no dominio público do encoro da Baxe en Caldas de Reis, Moraña e Cuntis.

BOP A Coruña 24 de outubro (203)

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

Expropiacións.- Resolución do 11 de outubro de 2019, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para a formalización das actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo itinerario peonil e ciclista na AC-543, treito Roxos-Aldea Nova, de clave AC/16/086.06, nos concellos de Santiago de Compostela e Ames.

Expropiacións.- Convocatoria para actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polas actuacións de mellora e integración paisaxística das entradas dos camiños de Santiago, ámbito: Camiño Portugués – Conxo, AC/17/012.10.4, no concello de Santiago.

BOP Lugo 24 de outubro (244)

BECERREÁ

Plan de actuación contra incendios.- Aprobación definitiva do plan de actuación ante o risco de incendios forestais.

 

BOP Pontevedra 24 de outubro (205)

MEAÑO

Concesións.- Relación de subvencións concedidas polo concello de Meaño na anualidade 2019.

PONTEAREAS

Violencia de xénero.- Bases “V Concurso de Debuxo contra a Violencia de Xénero”.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias