Normativa do 25 de outubro de 2019

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 25 de outubro (204)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Plan estatal vivenda.- Resolución do 18 de outubro de 2019 pola que se modifica a Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se convocan para o ano 2019, con carácter plurianual (código de procedemento VI422E).

En ningún caso se admitirá a presentación de documentación xustificativa, parcial ou final, da subvención con posterioridade ao 30 de novembro de cada unha das anualidades comprendidas na resolución de concesión, salvo que o requirimento sinalado no número anterior se fixese dentro dos dez (10) días anteriores a esa data. Non obstante, cando concorran circunstancias que así o xustifiquen, poderase demorar a citada data mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, que terá efecto logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA

Proxectos piloto ámbito agroforestal.- Resolución do 22 de outubro de 2019 pola que se modifica a Resolución do 26 de decembro de 2018, da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019.

Amplíase ata o 15 de novembro de 2019 (incluído) o prazo para executar e xustificar estas axudas na primeira anualidade.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Explotación avícola.- Anuncio do 15 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación dunha explotación avícola na parroquia de Congostro, no concello de Rairiz de Veiga (Ourense) (expediente 2019/0097).

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Eólicos.- Resolución do 16 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico Corme modificación substancial (repotenciación do parque eólico Corme G-3), sito no concello de Ponteceso (A Coruña) e promovido por EDP Renovables España, S.L.U. (expediente IN661A 2018/1-1). (Extracto)

Instalación eléctrica.- Resolución do 4 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Zas e Vimianzo (expediente-e IN407A 2019/124-1).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Concentración parcelaria.- Anuncio do 11 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación do inicio do prazo de emenda e mellora, en relación co expediente de concentración parcelaria de Tremoedo (Vilanova de Arousa-Pontevedra), en modificacións de bases definitivas.

Concentración parcelaria.- Anuncio do 11 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación dunha resolución de modificación das bases definitivas na zona de concentración parcelaria de Tremoedo (Vilanova de Arousa-Pontevedra).

Concentración parcelaria.- Anuncio do 14 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se citan, para seren notificados por comparecencia, varios afectados pola revisión gráfica e documental da zona de concentración parcelaria de Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol-A Coruña).

 

BOP A Coruña 25 de outubro (204)

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

Expropiacións.- Resolución do 22.10.2019 do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña, pola que se acorda realizar o pagamento do xustiprezo de Xurado por expropiacións para a obra de clave AC/16/088.06 no concello de Brión.

Expropiacións.- Resolución do 22.10.2019 do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña, pola que se acorda realizar o pagamento do xustiprezo por mutuo acordo por expropiacións para a obra de clave AC/16/108.01 no concello de Santiago.

CEDEIRA

Convocatoria.- Convocatoria de subvencións para o desenvolvemento de programas e actividades por parte de entidades e asociacións socioculturais de ámbito municipal.

Convocatoria.- Convocatoria de subvencións para investimentos na área sociocultural por parte de entidades e asociacións de ámbito municipal.

A CORUÑA

Igualdade.- Aprobación definitiva da ordenanza municipal da Coruña para a igualdade na diversidade.

TOQUES

Incendios forestais.- Aprobación do Plan de prevención de incendios do Concello de Toques.

 

BOP Lugo 25 de outubro (245)

OUTEIRO DE REI

Expropiacións.- Aprobación proxecto obra e relación de bens e dereitos a expropiar.

 

BOP Pontevedra 25 de outubro (206)

MOAÑA

Incendios forestais.- Aprobación inicial do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do concello de Moaña.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias