Normativa do 6 de novembro de 2019

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 6 de novembro (211)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AXENCIA TURISMO DE GALICIA

Concesións.- Resolución do 24 de outubro de 2019 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos novos de dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo, e se anuncia a convocatoria para os anos 2019 e 2020.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Instalación eléctrica.- Resolución do 13 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente-e IN407A 2019/24-1).

Instalación eléctrica.- Resolución do 15 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente-e IN407A 2019/74-1).

 

BOP A Coruña 6 de novembro (211)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Violencia de Xénero.- Resolución pola que se aproban as bases e o orzamento da convocatoria do VI Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero, ano 2019, que de seguido se transcriben.

 

BOP Ourense 6 de novembro (255)

CONCELLO DE TOÉN

Prevención de Incendios.- Información pública do expediente 375/2019 de aprobación do Plan municipal de prevención e defensa contra incendios forestais. (Páx. 10)

 

BOP Pontevedra 6 de novembro (213)

COMUNIDAD DE REGANTES POZA DA VASQUIDA DE LIRA

Asamblea.- Asemblea do estado de contas e entrega dos estatutos. (Salvaterra de Miño)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias