UUAA AGARDA QUE A SOLUCIÓN DA PRAGA DAS RATAS TOUPAS NON PASE POLOS PETOS DOS GANDEIROS

Desexa que esta crise mellore a coordinación nos despachos da Xunta

Unións Agrarias agarda que as solucións propostas por Medio Rural para tratar de frear a extensión da praga das ratas toupa nos concellos da montaña de Lugo non repercuta nos petos dos gandeiros, que xa bastantes perdas están a sufrir pola falta de actividade sobre os prados afectados.

A organización non valora negativamente a efectividade da roturación das zonas afectadas como solución, sempre e cando sexa a Xunta de Galicia a que corra cos gastos, posto que foi a súa falta de iniciativa a que provocou a extensión dos danos.

Neste sentido, lamenta que desde a Consellería de Medio Rural se fagan de novas da existencia do problema coa escusa de que os gandeiros se citaron -o 15 marzo- coa xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Margarita López e non coa xefa territorial de Medio Rural, Olga Iglesias, curiosamente tamén alcaldesa de Triacastela, unha das zonas mais afectadas polo andacio de roedores.

En calquera caso, desde UUAA agárdase que alomenos a xestión desta crise sirva para que mellore a comunicación entre os despachos da Xunta de Galicia como primeiro paso para lograr maior eficiencia na resolución dos problemas da xente.

UUAA pide que non se descarte a aplicación de mecanismos de axudas similares aos decretados no Principado de Asturias cando no 2017 sufriu un andazo similar de ratas toupa. Naquela ocasión os gandeiros asturianos cobraron 700 euros por Ha nas pradeiras de sega e 380 euros nas pradeiras de pastoreo.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias